Johannes Kabatek

Modelo:BiografíaJohannes Kabatek

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento31 de marzo de 1965 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Stuttgart, Alemaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Tubinga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista, romanista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Zürich Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
PaiAdolf Kabatek Editar o valor en Wikidata

Sitio webunizh.academia.edu… Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1492918 Bitraga: 1576 Dialnet: 153466


Johannes Kabatek, nado en Stuttgart o 31 de marzo de 1965, é un profesor alemán de lingüística románica, catedrático na Universidade de Zürich. É membro correspondente da Real Academia Galega desde 2002[1]. Dirixe o Arquivo Eugenio Coșeriu[2] e é redactor xefe da revista Energeia[3] e da Revista Internacional de Lingüística Iberoamericana (RILI)[4].

Traxectoria

Estudou Filoloxía Románica, Ciencias Políticas e Musicoloxía na Universidade Eberhard Karls de Tubinga, onde foi discípulo de Eugen Coșeriu e de Brigitte Schlieben-Lange. Foi Profesor convidado das universidades da Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Granada, Sevilla, São Paulo, Universidade Católica de Valparaíso e Universidade George-Washington de Saint Louis.

Doutorouse en 1995 na Universidade de Tubinga coa tese Die Sprecher als Linguisten. Interferenz- und Sprachwandelphänomene dargestellt am Galicischen der Gegenwart.

Obra

  • Os falantes como lingüistas. Tradición, innovación e interferencias no galego actual, Vigo: Xerais, 2000.

Notas

  1. "Membros da Academia - Plenario - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 2019-02-01. 
  2. "Coseriu.de". www.coseriu.de. Consultado o 2019-02-01. 
  3. "Online-Zeitschrift für Sprachwissenschaft und Sprachphilosophie - Willkommen". www.romling.uni-tuebingen.de. Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2015. Consultado o 2019-02-01. 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 17 de novembro de 2015.