Joaquín Botana Míguez, nado no pazo de Dioño (Cornado, Touro) e finado no Pazo (Vigo) o 15 de decembro de 1898, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Fillo de Ramón Botana Parragués. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e fixo o doutoramento na Universidade Central. Na Restauración integrouse no Partido Conservador e foi concelleiro de Santiago de Compostela, deputado provincial e alcalde de Santiago (1877)[1]. Foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Santiago de Compostela na elección parcial de 7 de xullo de 1878 substituíndo a Juan José Viñas Balduvieco, sendo reelixido polo mesmo distrito nas eleccións de 1879 e 1884. Foi elixido senador pola provincia da Coruña nas lexislaturas 1891-1893 e 1896-1898.
Vida persoal
Casou con Josefa Cadaval Calderón.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas