Jesús Joaquín Fernández Sáenz de la Torre

Modelo:BiografíaJesús Joaquín Fernández Sáenz de la Torre

(2016) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalJesús Joaquín Fernández
Sáenz de la Torre
Biografía
Nacemento19 de novembro de 1993 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
Cádiz, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,76 m.
Peso70 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2012 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaLega Calcio Serie A Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoExtremo dereito
Número deportivo17 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2012–2015 Liverpool F.C. 14(0)
2013–2014 cesión   UD Almería 33(3)
2015–2020   A.C. Milan 126(21)
2016–2016 cesión   Genoa CFC 19(6)
2020–   Sevilla FC
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2007–2008   España sub-17 7(5)
2009–2009   España sub-18 5(0)
2009–2010   España sub-19 9(1)
2009–2010   España sub-17 7(5)
2011–2012   España sub-18 5(0)
2012–2012   España sub-19 9(1)
2012–2013   España sub-21 5(0)
2013–2013   España sub-20 8(1)

Twitter: suso30fernandes FIFA: 369135 UEFA: 250013897 Editar o valor en Wikidata

Jesús Joaquín Fernández Sáenz de la Torre, coñecido como Suso, nado en Alxeciras o 19 de novembro de 1993), é un futbolista español que xoga como extremo dereito no Sevilla.

Incorporado ao Liverpool inglés sendo adolescente, debutou co primeiro equipo na Premier League en 2012. Despois de xogar cedido no Almería, foi traspasado en 2015 ao Milan, ao que pertenceu ata 2020, xogando tamén varios meses cedido no Genoa e no Sevilla. A continuación foi traspasado de xeito permanente ao Sevilla.

Campión da Eurocopa sub-19 coa selección española sub-19, foi tamén internacional coa selección española absoluta, coa que disputou cinco encontros entre 2017 e 2019.

Traxectoria

Liverpool

Formouse na canteira do Cádiz antes de ingresar en 2010 na do Liverpool inglés. Debutou co primeiro equipo nun amigable de pretemporada contra o Borussia Mönchengladbach o 1 de agosto de 2010, e disputou tamén o partido homenaxe a Jamie Carragher o 4 de setembro.

No día do seu 17º aniversario asinou o seu primeiro contrato profesional cos Reds,[1][2] aínda que continuou xogando no equipo filial.

O 20 de setembro de 2012, disputou o seu primeiro partido oficial co Liverpool, xogando de titular contra o Young Boys na Europa League. Debutou na Premier League tres días despois, nunha derrota por 1-2 ante o Manchester United en Anfield, substituíndo ao lesionado Fabio Borini no descanso e completando unha grande actuación persoal. Disputou 20 encontros co primeiro equipo, pero tralas incorporacións de

Daniel Sturridge e Philippe Coutinho, regresou ao equipo sub-21.

Cesión ao Almería

Suso (no centro) coa camiseta do Almería nun partido contra o Atlético de Madrid en setembro de 2013.

En xullo de 2013 regresou a Andalucía, cedido por unha tempada ao Almería da Primeira División.[3] Debutou nun partido ante o Villarreal, dándolle unha asistencia a Rodri no segundo gol do equipo, que acabou perdendo por 2-3.[4] Marcou o seu primeiro gol na quinta xornada ante o Levante.[5] Rematou a tempada con 35 partidos, 3 goles e 9 asistencias, contribuíndo á salvación do equipo.

Regreso a Liverpool

A continuación volveu ao Liverpool, co que só disputou uns poucos minutos nun partido da Copa da Liga contra o Middlesbrough en Anfield, saltando ao campo no minuto 98, en plena prórroga, e marcando o seu primeiro e único gol co club. Anotou ademais dous lanzamentos na posterior quenda de penaltis, que rematou 14-13, e na que el mesmo lanzou o penalti gañador.[6]

Milan

Tempada 2014/15

En xaneiro de 2015 asinou un contrato de catro anos co Milan italiano [7] Debutou o 27 de xaneiro nos cuartos de final da Copa Italia, nunha derrota por 0-1 en San Siro diante da Lazio, substituíndo a Michelangelo Albertazzi nos últimos dez minutos de encontro.[8] Xogou o seu primeiro partido na Serie A ante o Palermo,[9] e disputou un total de 5 encontros na competición esa tempada.

Cesión ao Genoa

Coa chegada de Siniša Mihajlović ao banco do Milan na tempada 2015-16, Suso non tivo sitio no primeiro equipo, e en xaneiro, despois de ter disputado só dous encontros, saíu cedido ao Genoa.[10]

O 3 de abril de 2016 marcou tres goles ante o Frosinone no Stadio Luigi Ferraris e entrou na historia como o segundo español en lograr un triplete na Serie A, máis de medio século despois de que o galego Luis Suárez lle fixese tres goles ao Genoa coa camiseta do Inter de Milán en 1963.[11]

Regreso a Milán

Suso co Milan nun amigable diante do Bayern de Múnic en 2016.

De volta en Milán converteuse en titular indiscutible no equipo que agora adestraba Vincenzo Montella.[12]

O 23 de decembro de 2016 deulle o pase de gol a Giacomo Bonaventura na Supercopa italiana para empatar o encontro fronte á Juventus. Máis tarde converteu o seu penalti na quenda resultante, o que levou ao Milan á vitoria por 4-3.[13]

Concluíu a tempada 2016/17 con 37 encontros, 7 goles e 9 asistencias.[14] Mantivo números semellantes durante as dúas seguintes tempadas, e acadou os 153 partidos oficiais co club, nos que sumou 24 goles e 36 asistencias.

Sevilla

En xaneiro de 2020 foi cedido ao Sevilla cun contrato por 18 meses, que incluía unha cláusula de compra obrigatoria.[15] En xullo de 2020, pasou a ser xogador en propiedade do club hispalense, co que asinou un contrato por cinco anos.[16] Un mes despois marcou un dos goles na vitoria por 2-1 sobre o Manchester United nas semifinais da Europa League e foi titular na final que o seu equipo gañou ante o Inter de Milán.[17]

Selección nacional

Suso coa selección española sub-19 en 2012.

Representou a España nas categorías sub-17, sub-18, sub-19, sub-20 e sub-21. En 2012 foi titular en tódolos partidos do Campionato europeo sub-19, onde gañou o seu primeiro título internacional.[18] Tamén foi o capitán da selección española sub-20 que disputou o Mundial Sub-20 de 2013.

En 2017 recibiu as súas primeiras convocatorias absolutas coa selección española, coa que debutou nun amigable contra Rusia o 14 de novembro dese ano.[19]

Palmarés

Milan
Sevilla
Selección española sub-19

Notas

  1. "Jesus Fernandez Saez" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 4 de agosto de 2012. Consultado o 24 de agosto de 2022. 
  2. "Player Profile: Suso - Liverpool's Spanish flyer" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2012. Consultado o 24 de agosto de 2022. 
  3. "El Almería se hace con los servicios de Suso, una de las perlas del fútbol español" (en castelán). 12 de xullo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2013. Consultado o 24 de agosto de 2022. 
  4. "Almería 2-3 Villarreal" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2014. Consultado o 24 de agosto de 2022. 
  5. Pérez, Javier (21 de setembro de 2013). "Suso no es suficiente". El País (en castelán). Consultado o 24 de agosto de 2022. 
  6. "Reds through after true penalty drama" (en inglés). 23 de setembro de 2014. Consultado o 24 de agosto de 2022. 
  7. Pineda, Rafael (29 de xaneiro de 2020). "El Sevilla ficha a Suso". El País (en castelán). Consultado o 24 de agosto de 2022. 
  8. "0-1: El Milan, fuera de la Coppa Italia". Mundo Deportivo (en castelán). 27 de xaneiro de 2015. Consultado o 24 de agosto de 2022. 
  9. "Suso: “Happy to have made my league debut, the whole team did well against Palermo”" (en inglés). 5 de abril de 2015. Consultado o 24 de agosto de 2022. 
  10. "Suso abandona el Milan y se marcha cedido al Genoa". As (en castelán). 21 de decembro de 2015. Consultado o 24 de agosto de 2022. 
  11. Cerezo, Hugo; Prada, Jon (4 de abril de 2016). "Luis Suárez: "Enhorabuena Suso, ahora estamos dos en el club"". Marca (en castelán). Consultado o 24 de agosto de 2022. 
  12. "Un 'beatle de Cádiz' que triunfa en Milán" (en castelán). 21 de novembro de 2016. Consultado o 24 de agosto de 2022. 
  13. "Donnarumma y Suso hacen supercampeón al Milan". Marca (en castelán). 23 de decembro de 2016. Consultado o 24 de agosto de 2022. 
  14. "Estatísticas da Serie A 2016/17". whoscored.com (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2022. 
  15. "Acuerdo entre el Sevilla FC y el AC Milan para la incorporación de Suso". Sevilla Fútbol Club (en castelán). 29 de xaneiro de 2020. Consultado o 24 de agosto de 2022. 
  16. "El Sevilla FC ejerce su opción de compra por Suso". Sevilla Fútbol Club (en castelán). 20 de xullo de 2020. Consultado o 24 de agosto de 2022. 
  17. "Genial contragolpe: el gol de Suso a Manchester United en la Europa League" (en castelán). 16 de agosto de 2020. Consultado o 24 de agosto de 2022. 
  18. "España - Grecia sub-19 2012". UEFA (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2022. 
  19. "Suso debuta con la absoluta" (en castelán). 14 de novembro de 2017. Consultado o 24 de agosto de 2022. 

Véxase tamén

Ligazóns externas