Jean Shrimpton

Modelo:BiografíaJean Shrimpton

(1965) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Jean Rosemary Shrimpton Editar o valor en Wikidata
7 de novembro de 1942 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
High Wycombe, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónSt Bernard's Catholic Grammar School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura178 cm Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosAzul Editar o valor en Wikidata
Cor do peloCabelo castaño Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, autobiógrafa, modelo, actriz de cinema Editar o valor en Wikidata
RepresentanteFord Models (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsChrissie Shrimpton Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0795398 Discogs: 1555807 WikiTree: Shrimpton-176 Editar o valor en Wikidata
Jean Shrimpton en 1965.
Reportaxe de ABC noticias sobre a visita de Jean Shrimpton á Copa de Melbourne, 1965.

Jean Rosemary Shrimpton, nada en High Wycombe (Buckinghamshire) o 6 de novembro de 1942, é unha modelo e actriz inglesa.[1] Foi unha icona do Swinging London e é considerada como unha das primeiras supermodelos do mundo.[2][3][4][5]

Apareceu nas portadas de numerosas revistas como Vogue, Harper Bazar, Vanity Fair, Glamour, Elle, Ladie's Home Journal, Newsweek ou Time.[6][7][8] En 2012, Shrimpton foi nomeada por Time como unha das 100 iconas máis influentes de toda a historia. En 1967 protagonizou xunto a Paul Jones o filme Privilege.

Traxectoria

Jean Shrimpton medrou nunha granxa e foi educada no colexio católico de St. Bernard's Convent. Posteriormente, matriculouse no Langham Secretarial College aos dezasete anos. Unha entrevista co director Cy Endfield levouna a unha reunión fracasada co produtor do seu filme Mysterious Island; Endfield entón suxeriu que Jean asistise ó curso de modelaxe da Lucie Clayton Charm Academy.[9] En 1960, á idade de 17 anos, comezou a traballar de modelo, aparecendo nas portadas de revistas populares como Vogue, Harper's Bazaar ou Vanity Fair.[10]

A carreira de Shrimpton comezou a gañar prominencia debido ó seu traballo co fotógrafo David Bailey. Coñecéronse en 1960 nunha sesión fotográfica na que Shrimpton, quen por aquel entón era unha modelo descoñecida, estaba traballando co fotógrafo Brian Duffy para un anuncio de Kellog's.[11][12] Duffy díxolle que ela era demasiado remirada para el, mais Bailey nin se inmutou.

A primeira sesión fotográfica de Shrimpton con Bailey foi en 1960 (a cal serviría tanto para Condé Nast Brides o 7 de decembro de 1960 como para o Vogue británico).[13][14][15] Comezou a facerse coñecida no mundo da moda no tempo no que ela estaba a traballar con Bailey.[16]. Shrimpton declarou que lle debe a súa carreira a Bailey, e el é citado a miúdo como o seu descubridor.[17][13][16][17][17][18][18][19][20] Do mesmo xeito, ela era a súa musa e as fotografías dela axudáronlle a Bailey a aumentar a fama nos seus primeiros anos de carreira.[21][22][23][24][25]

Durante a súa carreira, Shrimpton era amplamente mencionada como a "modelo mellor pagada do mundo" e "a modelo máis fotografada do planeta". Era considerada tamén como a "cara máis bonita do mundo" e "a rapariga máis fermosa do mundo".[5][16][26][27][28] Foi bautizada como "The It Girl", "A Cara", "A Cara do Momento", e "A Cara dos sesenta".[4][16][17][29][30] Glamour nomeouna como a súa "Modelo do ano" en xuño de 1963. Shrimpton contrastaba coas modelos de aire aristocrático dos anos 50 representando o aspecto do movemento youthquake do Swinging London dos 60, sendo incluso nomeada como o símbolo do mesmo movemento. Rompendo o popular molde de figuras voluptuosas coas súas longas pernas e delgada figura, foi alcumada "The Shrimp" (a Gamba). Jean Shrimpton tamén foi coñecida pola súa longa melena con floco, a súa maquillaxe de ollos con longas pestanas, as cellas arqueadas e polos seus beizos carnosos.[17][17][17][31][32][33][34][35][36][37]

Shrimpton axudou tamén á fama da minisaia. En 1965, fixo dúas semanas de visita promocional a Australia, patrocinada polo Victoria Racing Club e por unha empresa de fibra sintética local que a contratou para promocionar unha gama de vestidos novos feitos de Orlon. Pagóuselle por isto 2000 ₤, o cal era unha suma enorme no tempo.[5] Causou unha sensación en Melbourne cando chegou para o Derby de Victoria, xa que leva un vestido recto branco feito por Colin Rolfe o cal acababa 10 cm por riba dos seus xeonllos. Non levou ningún chapeu, medias ou luvas, e lucía un reloxo de home, o cal era infrecuente no tempo. Shrimpton non era consciente de que causaría tal reacción na comunidade de Melbourne e nos medios de comunicación.[2][5][28]

No seu artigo "The Man in the Bill Blass Suit", Nora Ephron fala sobre o tempo no que Jean Shrimpton posou para un anuncio de Revlon cun vestido antigo branco de encaixe cun cinto de Chantilly deseñado por Blass. Minutos despois de que o anuncio fora posto nas drogarías, a central de Revlon recibiu numerosas chamadas de mulleres preguntando onde podían mercar o vestido.[38]

Shrimpton é alcumada como "Jeannie Shrimpton" na canción "Behind the Wall of Sleep" do grupo The Smithereens, no ano 1986.[39]

Vida persoal

Shrimpton e Bailey comezaron a saír pouco despois de comezar a traballar xuntos e posteriormente tiveron unha relación que durou catro anos, rematando en 1964.[11][17] Durante o tempo que estiveron xuntos, Bailey aínda estaba casado coa súa primeira muller Rosemary Bramble, deixándoa tras nove meses e divorciándose despois para estar con Shrimpton.[20]

Un dos idilios máis coñecidos de Shrimpton foi co actor Terence Stamp.[36] Jean casou co fotógrafo Michael Cox en 1979 cando levaba catro meses grávida do seu fillo Thaddeus (nado en 1979).[40][41][42] Xuntos posúen o Abbey Hotel en Penzance, Cornwall, agora[cando?] xestionado por Thaddeus e a súa familia.[30][41][43] A súa irmá máis nova Chrissie era tamén actriz, vinculada a Mick Jagger e Steve Marriott do grupo Small Faces.

O 26 de xaneiro de 2012 a historia da súa relación con David Bailey foi dramatizada nun filme da BBC, con Karen Gillan no papel de Shrimpton.[44][45]

Notas

  1. Jean Shripmton - An Autobiography. Ebury Press. 1990. p. 9. ISBN 978-0852238585. 
  2. 2,0 2,1 Magee, Antonia (18 de outubro de 2009).
  3. Mansour, David (2005). From Abba to Zoom: A Pop Culture Encyclopedia of the Late 20th Century. p. 430. ISBN 0-7407-5118-2. 
  4. 4,0 4,1 Busch, Charles (24 de xaneiro de 1995). "He's Every Woman". The Advocate: 60. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "Milesago article on Jean Shrimpton". Milesago.com. Consultado o 30 de marzo de 2011. 
  6. "Vogue Magazine June 1962". Vogue (UK). Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2009. Consultado o 26 de maio de 2009. 
  7. "Vogue Magazine May 1963". Vogue (UK). Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2009. Consultado o 26 de maio de 2009. 
  8. Berry, Allison (2 de abril de 2012). "All-Time 100 Fashion Icons: Jean Shrimpton". Time. 
  9. Wade, Alex (30 de abril de 2011). "The Saturday interview: Jean Shrimpton". The Guardian. 
  10. "Twiggy and The Shrimp – By Bill Harry". Retrosellers.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2011. Consultado o 30 de marzo de 2011. 
  11. 11,0 11,1 "PDN Legends Online: David Bailey". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2009. Consultado o 21 de setembro de 2015. 
  12. Bumpus, Jessica (3 de marzo de 2010). "The Shrimpton Story". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2010. Consultado o 21 de setembro de 2015. 
  13. 13,0 13,1 Muir, Robin (17 de marzo de 2007). "Two take Manhattan". The Guardian. 
  14. Muir, Robin (29 de xuño de 2002). "That Bob Richardson was commissioned for Brides is like finding Charles Manson...(subscription required)". The Independent. 
  15. Alexander, Hilary (6 de novembro de 2006). "Bailey rolls back the years for Vogue at 90". Telegraph. 
  16. 16,0 16,1 16,2 16,3 Bocca, Geoffrey (8 de xaneiro de 1967). "The Girl Behind the World's Most Beautiful Face". Family Weekly. 
  17. 17,0 17,1 17,2 17,3 17,4 17,5 17,6 17,7 "Jean Shrimpton, the Famed Face of the '60s, Sits Before Her Svengali's Camera One More Time" Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine..
  18. 18,0 18,1 Collette, Adrian (16 de febreiro de 2003). "The shortest century and the greatest party". The Age (Melbourne). 
  19. "In the raw". Guardian. 17 de setembro de 2005. 
  20. 20,0 20,1 Hauptfuhrer, Fred (26 de agosto de 1977). "The Women David Bailey Photographs Become His Lovers, and Marie Helvin Is the Latest". People 8 (13). Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2015. Consultado o 21 de setembro de 2015. 
  21. Jean Shrimpton in London of Sloane Street coat, 1964, by David Bailey Forbes.com
  22. Louth, Sean.
  23. NY JS DB 62 by David Bailey Arquivado 08 de xullo de 2010 en Wayback Machine. Steidlville.com
  24. David Bailey and Martin Harrison.
  25. "David Bailey: Godfather of cool". BBC News. 15 de xuño de 2001. 
  26. Cloud, Barbara (9 de xuño de 1967). "Ex-Window Designer London Look Winner". The Pittsburg Press. 
  27. "Clippings on 3 March 1969". Os Ánxeles: Independent. 3 de marzo de 1969: 24. 
  28. 28,0 28,1 McKenzie, Sheena (1 de novembro de 2012). "Melbourne Cup memories: The legs that stopped a nation". CNN. 
  29. Morris, Ann (23 de xuño de 2001). "A womb with a view". Telegraph (Londres). Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2014. Consultado o 21 de setembro de 2015. 
  30. 30,0 30,1 "Being 'ordinary' has its rewards". The Miami News. 30 de xuño de 1980. [Ligazón morta]
  31. Mansour, David (2005). From Abba to Zoom: A Pop Culture Encyclopedia of the Late 20th Century. ISBN 0-7407-5118-2. 
  32. "'Funny Girl' Can Become Beautiful Girl". The Evening Independent. 23 de xaneiro de 1969. 
  33. Menkes, Suzy (28 de febreiro de 2005). "A striking combo:broadtail and fringe". New York Times. 
  34. Alexander, Hilary (28 de febreiro de 2005). "The Look bounces back in Milan with 'Shrimp Clones'". The Daily Telegraph (Londres). Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2013. Consultado o 21 de setembro de 2015. 
  35. "HE FOCUSED ON THE MOST FASHIONABLE FACES OF THE '60S". Philadelphia Inquirer. 18 de febreiro de 1984. 
  36. 36,0 36,1 Glossary: Season 1 The Advocate p. 38. 20 November 2001.
  37. Cloud, Barbara (18 de xaneiro de 1989). "Pout power Fashionable lips are getting fuller now, just like Ms. Hershey's kisses". Chicago Tribune. Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2012. Consultado o 21 de setembro de 2015. 
  38. Artigo de Ephron reimpreso en Wallflower at the Orgy por Nora Ephron, 2007.
  39. "Especially for You (1986)". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2011. Consultado o 27 de xaneiro de 2012. 
  40. Jones, Jerene (14 de xuño de 1982). "Once the Face of the '60s, Jean Shrimpton Is Now the Model of An English Innkeeper". People 17 (23). Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2015. Consultado o 21 de setembro de 2015. 
  41. 41,0 41,1 Lee-Potter, Lynda (14 de xullo de 2001).
  42. Smyth, Mitchell (29 de setembro de 1985). "The Shrimp's running a hotel". Toronto Sun. Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2013. Consultado o 21 de setembro de 2015. 
  43. "The Abbey Hotel FAQ". Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2011. Consultado o 5 de agosto de 2011. 
  44. "We'll Take Manhattan". BBC News. Consultado o 26 de xaneiro de 2012. 
  45. Carpenter, Julie (2 de agosto de 2011). "Return of the Shrimp". Daily Express.