Jean Marie Okutu

Modelo:BiografíaJean Marie Okutu

Jean Marie Okutu en xullo de 2017.
Biografía
Nacemento4 de agosto de 1988 (36 anos)
Cotonou, Benín Benín
ResidenciaMarín
País de nacionalidadeGalicia Galicia
Altura1,79 m
Peso70 kg
Actividade
Ocupaciónatleta Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2007 Editar o valor en Wikidata -
DeporteAtletismo
Disciplina deportivaSalto de lonxitude Editar o valor en Wikidata
Adestrado porJavier Medrano
Membro do equipo deportivo
Participou en
2016Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

IAAF: 14165528 Olympic.org: jean-marie-okutu Editar o valor en Wikidata

Jean Marie Okutu, nado en Cotonou, Benín o 4 de agosto de 1988, é un atleta galego de orixe ghanesa, especializado no salto de lonxitude. Foi campión de España desta modalidade en once ocasións.

Traxectoria

Jean Marie Okutu naceu en Cotonou, aínda que a súa familia é natural de Ghana. O seu pai, mariñeiro, traballaba daquela no porto da capital de Benín até que foi destinado a Marín, vila á que se trasladou Jean Marie Okutu á idade de 6 anos.[2]

Comezou a practicar atletismo no club San Miguel de Marín e aos oito anos ingresou na Sociedad Gimnástica de Pontevedra. O seu primeiro éxito chegou no 2005, cando se proclamou campión de España en categoría xuvenil, cun salto de 7,08 m.

Okutu foi campión de España absoluto de lonxitude ao aire libre en seis ocasións: 2009 (7.94 m.), 2011 (7,84 m.), 2013 (7,76 m.), 2016 (7,65 m), 2017 (7,54 m) e 2018 (8,01 m). Tamén acadou cinco campionatos nacionais en pista cuberta nos anos 2013, 2014, 2015, 2016 e 2020. O seu mellor resultado internacional até o día de hoxe foi a medalla de prata no Campionato Iberoamericano de 2012.

Vida persoal

Un dos seus irmáns, Edemon, foi un dos mariñeiros falecidos na traxedia do Villa de Pitanxo, buque galego afundido en augas de Terra Nova en 2022.[3]

Historial internacional

Ano Evento Lugar Posto Marca
2012 Campionato Iberoamericano de Atletismo Barquisimeto, Venezuela 7,87 m.
2013 Campionato de Europa de Atletismo en Pista Cuberta Gotemburgo, Suecia Q 7,65 m.
2013 Campionato de Europa de Atletismo por Nacións (Superliga) Gateshead, Reino Unido 7,88 m.

Mellores resultados

Proba Data Lugar Marca
Salto de lonxitude (aire libre) 10/07/2016 Serra Nevada 8,17 m.
Salto de lonxitude (pista cuberta) 21/02/2015 Antequera 7,98 m.

Palmarés

Internacional

Galicia

  • Campionato de Galicia ao aire libre - Salto de lonxitude (4): 2010, 2012, 2013 e 2014.

Nacional

Absoluto

Promesa e júnior

  • Campionato de España promesa ao aire libre - Salto de lonxitude (2): 2009 e 2010
  • Campionato de España xuvenil ao aire libre - Salto de lonxitude (1): 2010

Notas

  1. "O olímpico Jean Marie Okutu volve á Gimnástica unha década despois". Pontevedra Viva. 20 de decembro de 2023. 
  2. Soto, Nino (21). "Un salto hacia Londres 2012". La Voz de Galicia. Consultado o 12 de agosto de 2014. 
  3. "Lágrimas en la familia del laureado atleta Jean Marie Okutu, cuyo hermano mayor iba en el Villa de Pitanxo". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de febreiro de 2022. Consultado o 2 de abril de 2023. 

Véxase tamén

Ligazóns externas