Jean-Joseph Sanfourche, coñecido simplemente como Sanfourche, nado en Bordeos o 25 de xuño de 1929 e finado en Saint-Léonard-de-Noblat o 13 de marzo de 2010, foi un pintor, poeta, deseñador e escultor francés.
Practicou a arte bruta e foi amigo de Gaston Chaissac, Jean Dubuffet, Robert Doisneau, cos que mantivo correspondencia.[1][2][3]
As súas obras están expostas en múltiples centro públicos como o Museo de Arte Moderna de París, o Museo de Arte Naïf de Laval ou a colección Nova invención de Lausana.[4]
Recoñecementos
En 1992, o presidente da República Francesa, François Mitterrand, nomeouno cabaleiro da Lexión de Honor.[5]
Notas
Véxase tamén