Jean-Baptiste Mimiague, nado en Villefranche-sur-Mer o 3 de febreiro de 1871 e finado en Niza o 6 de agosto de 1929, foi un tirador de esgrima francés, gañador dunha medalla olímpica.
Traxectoria
Participou nos Xogos Olímpicos de 1900 de París na proba de florete individual, logrando a medalla de bronce. Desde 1919 foi mestre de armas no London Fencing Club.