Javier Piñeiro Pérez, nado en Caldas de Reis, é un expiloto galego de rally. Foi campión de Galicia de rally na tempada 1997.[1] Competiu tamén no Campionato de España, onde gañou o Trofeo Citroën no ano 2000.[2]
É irmán do tamén expiloto Fernando Piñeiro.[3]
Traxectoria
Comezou a destacar na tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rally, pilotando un Peugeot 205. En 1991, cun Renault Clio 16V, logrou dous segundos postos, no Rally de Vigo e o Rally Mil Vistas, e gañou a Copa Renault Clio.[4] En 1992 correu cun Lancia Delta Integrale 16V e en 1994 logrou no Rally de Noia a súa primeira vitoria, conducindo un Clio.
Tamén cun Clio proclamouse campión galego en 1997 despois de lograr catro vitorias e un segundo posto nas cinco primeiras carreiras. Na tempada seguinte disputou o Campionato de España co mesmo vehículo e en 1999 fixo o propio cun Citroën Saxo VTS.[5]
Palmarés
Resultados no Campionato de Galicia
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas