Javier Maté

Modelo:BiografíaJavier Maté
Biografía
Nacemento17 de outubro de 1957 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Aldealengua de Santa María, España (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1976 Editar o valor en Wikidata - 1993 Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Real Madrid CF
  Celta de Vigo

Javier Maté Berzal, nado en Aldealengua de Santa María (Segovia) o 17 de outubro de 1957, é un exfutbolista español. Xogaba de porteiro.

Traxectoria

Comezou a súa carreira no SD Gimnástica Arandina, na categoría rexional. No ano 1975 ingresa nas categorías inferiores do Real Madrid, primeiro no xuvenil e despois no Castilla, tendo a oportunidade de debutar no primeiro equipo da man de Luis Molowny, primeiro ante o Racing de Santander en Liga e na final da Copa do Rei ante o Valencia CF de Mario Kempes, onde disputou os minutos finais ante a lesión de Mariano García Remón.

Na tempada seguinte a gran competencia no equipo madridista que xa tiña García Remón e Miguel Ángel no primeiro equipo fixo que saíse cedido a outro equipo de Primeira División, o Burgos CF, onde xogaría dous anos cun papel moi discreto, sendo o suplente de Martín Gorospe.

No verán de 1980 ficha polo Real Club Celta de Vigo, onde militaría doce tempadas, ata a súa retirada do fútbol profesional. Javier Maté foi o porteiro titular do Celta na década do 80, salvo nos primeiros momentos, cando tivo que disputarlle o posto a Joan Capó, e durante breves períodos por lesión. Durante a súa estancia en Vigo alternou momentos felices con fracasos, chegando a vivir ata catro ascensos a primeira división. Entre as mellores campañas da súa carreira atópase a tempada 1987-88 na que o Celta finalizou sétimo e Maté foi un dos porteiros máis destacados do campionato.

Ao cabo dos anos, a progresión de porteiros máis novos, como Patxi Villanueva ou Santiago Cañizares, relegárono á suplencia nos dous últimos anos en activo. Retirouse ao rematar a tempada 1992-93 con 36 anos, sendo o futbolista máis veterano de Primeira División do momento, xunto con José Ramón Alexanko.

Tras colgar as luvas seguiu vinculado ao fútbol, nun principio foi secretario técnico do Celta durante varios anos.

Na tempada 1998-99 foi o segundo de Marcos Alonso no Sevilla FC, ano que logou ascender a Primeira División. Despois regresou ao Celta para adestrar nas categorías inferiores do club, dirixindo ao filial na tempada 2003-04 e logrando clasificalo para a promoción de ascenso a Segunda División B

No ano 2007 sentaríase no banco do Coruxo FC, na Terceira División, na primeira tempada logra disputar a fase de ascenso a Segunda División B, sendo eliminado. Ao ano seguinte non consegue repetir o logro aínda que conquista a Copa Deputación. Na tempada 2009-10 foi relevado por Josiño Abalde.

Maté converteuse no director deportivo e xerente do Coruxo no 2015 cargo que exerceu por unhas cantas tempadas. Foi moi afectado polo grande incendio de Coruxo do 2017 (parte da desastrosa vaga de incendios que afectaron a 50.000 hectáreas en toda Galicia) coma veciño da parroquia viguesa e estivo a piques de perder a súa casa.[1][2]. O exgardameta celeste foi adestrador de porteiros do Coruxo durante a segunda era de Jacobo Montes no equipo.

Javier volveu dirixir o Coruxo na tempada 2022-23 trala destitución de Jacobo Montes con Xurxo Otero coma segundo adestrador. O conxunto vigués acadou a permanencia na Segunda RFEF tras un disputado encontro ante o Bergantiños Fútbol Club.[3][4]

Palmarés

Real Madrid
Celta de Vigo

Notas

  1. "Maté regresa al Coruxo: «Vengo a ayudar en todo lo que pueda»". Vigoe. 19 de maio 2015. Consultado o 24 de Marzo de 2024. 
  2. "JAVIER MATÉ, DIRECTOR DEPORTIVO DEL CORUXO: “FUE EL DÍA MÁS DURO DE MI VIDA”". Wordpress. 11 de decembro 2017. Consultado o 24 de Marzo de 2024. 
  3. "Javier Matei: «Entenderon que podía achegar e intentareino por responsabilidade»". La Voz de Galicia. 1 de marzo 2023. Consultado o 24 de Marzo de 2024. 
  4. "El Coruxo cumple la misión". Atlántico. 8 de maio 2023. Consultado o 24 de Marzo de 2024.