Jacobo MontesNome orixinal | Jacobo Montes Couñago |
---|
|
Nacemento | 1977 (47/48 anos) Redondela, España |
---|
|
Período de actividade | 2014 - |
---|
Deporte | fútbol |
---|
Jacobo Montes Couñago, nado en Redondela o 20 de abril de 1977, é un adestrador de fútbol galego.
Traxectoria
Comezou a xogar ao fútbol dende neno no Choco da súa vila natal, e xogou co primeiro equipo, chegando a coincidir co seu irmán Marcos.[1] Pechou a súa carreira como futbolista no Arcade, onde tivo como adestrador a seu irmán.[1]
Comezou a súa carreira como adestrador no Arcade, ao que dirixiu dous anos en Primeira Autonómica, antes de converterse no 2011 no adestrador do Choco en Preferente. Adestrou durante catro anos o club de Redondela, conseguindo o ascenso á Terceira División na tempada 2012/13, e levando o equipo a disputar a primeira fase de ascenso a Segunda B da súa historia na campaña 2014/15.[2] Deixou o equipo en xuño de 2015, sendo substituído polo seu irmán Marcos.[3]
Na tempada 2015/16 adestrou o Alondras, tamén en Terceira, mentres que na seguinte tempada os malos resultados fixeron que deixase o club en novembro.[4] Posteriormente traballou no Coruxo como segundo adestrador, collendo as rendas do equipo en maio de 2018, trala destitución de Rafa Sáez.[5] Conseguiu manter o equipo na Segunda B, superando na fase de permanencia ao Mérida.[6] Na seguinte tempada acadou o 10º posto.[7] Durante esta época comezou a traballar con el seu irmán Marcos, como segundo adestrador.
Na tempada 2019/20 dirixiu o Celta de Vigo B na Segunda B, pasando na seguinte ao Guijuelo, da mesma categoría. Foi destituído do club salmantino en febreiro de 2021,[8] e en decembro regresou ao Coruxo, na Segunda División RFEF, tralo cesamento de Gonza.[9]
Palmarés
- Choco
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas