Javier Echevarría
Javier Echevarría Rodríguez, nado en Madrid o 14 de xuño de 1932 e finado en Roma o 12 de decembro de 2016,[1] foi un bispo católico latino, prelado do Opus Dei dende 1994 ata a súa morte.
Traxectoria
Monseñor Javier foi colaborador de Xosemaría Escrivá de Balaguer, fundador do Opus Dei, durante máis de vinte anos e ao finar este en 1975 foi elixido Secretario Xeral desta institución. En 1994 ao finar o Monseñor Álvaro del Portillo, sucesor de Xosemaría Escrivá, foi elixido líder da Obra. O 20 de abril dese ano Xoán Paulo II nomeouno prelado do Opus Dei. O mesmo papa confiriulle o 6 de xaneiro de 1995 a ordenación episcopal, sendo os co-consagradores principais Giovanni Battista Re e Jorge María Mejía.
Foi Doutor en dereito civil e dereito canónico.
Obras
- Memoria del Beato Josemaría Escrivá: entrevista con Salvador Bernal, Madrid, Ediciones Rialp, 2000, 1ª, 357 pp.
- Itinerarios de vida cristiana, Barcelona, Planeta, 2001, 1ª, 263 pp.
- Para servir a la Iglesia: homilías sobre el sacerdocio (1995-1999), Madrid, Ediciones Rialp, 2001, 1ª, 252 pp.
- Getsemaní: en oración con Jesucristo, Barcelona, Planeta, 2005, 1ª, 272 pp.
- Eucaristía y vida cristiana, Madrid, Ediciones Rialp, 2005, 1ª, 245 pp.
- Por Cristo, con Él y en Él: escritos sobre san Josemaría, Madrid, Palabra, 2007, 1ª, 234 pp.
- Vivir la Santa Misa, Madrid, Ediciones Rialp, 2010, 1ª, 196 pp.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
|