Jason Mraz |
|
Nacemento | (en) Jason Thomas Mraz 23 de xuño de 1977 (47 anos) Mechanicsville, Estados Unidos de América (pt) |
---|
Educación | Berklee College of Music Mechanicsville High School (en) School of the Performing Arts in the Richmond Community (en) |
---|
|
Ocupación | guitarrista, compositor, cantante, mandolinista |
---|
Período de actividade | 1999 - |
---|
Xénero artístico | Música pop, pop rock, blue-eyed soul, Reggae, rock alternativo, hip hop alternativo, Funk, Jazz e Surf rock |
---|
Instrumento | Guitarra, voz, ukelele, Buzuki, piano e sintetizador |
---|
Selo discográfico | Atlantic Records Elektra Records |
---|
|
|
Sinatura |
|
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
---|
Sitio web | jasonmraz.com |
---|
|
Jason Mraz, nado o 23 de xuño de 1977, é un cantautor estadounidense de Mechanicsville (Virxinia).
Está influenciado polo reggae, pop, rock, folk, jazz, e hip hop. Tocou con grandes artistas como Dave Matthews Band, James Blunt, Gavin DeGraw, Paula Cole, John Popper, Alanis Morissette, Ohio Players, Rachael Yamagata, James Morrison, Lisa Hannigan, John Mayer, Jewel e Colbie Caillat, entre outros.
Traxectoria
Jason Mraz é graduado da secundaria Lee-Davis High School da súa cidade natal. Logo de estudar teatro musical na American Musical and Dramatic Academy de Floresta, múdase a San Diego, onde tocará co percusionista Toca Rivera e o guitarrista Carlos Olmeda na desaparecida cafetería Java Joe's.
Un ano máis tarde, Mraz asinou coa disquera Elektra Records, e regresou a Virxinia a traballar co produtor John Alagía no seu álbum debut Waiting for My Rocket to Come (Agardando a que veña meu cohete), que obtivo Disco de Platino da RIAA. O seu primeiro sinxelo foi "The Remedy (I Won't Worry)".
En xuño e xulio do 2005 abriu os concertos de Alanis Morissette durante o seu tour Jagged Little Pill Acoustic Tour.
O 26 de xulio del 2005 presentou o seu segundo álbum de estudio "Mr. A-Z" con Atlantic Records. Entrou na Billboard 200 Album Chart no número 5. En decembro recibiu un Grammy polo Best Engineered Album. En novembro abriu 5 datas dos Rolling Stones e en marzo de 2006 tocou no seu primeiro concerto con boletos esgotados en Singapur co cantante Toca no Mosaic Music Festival.
Presente
Jason Mraz empezou o 2007 debutando o seu novo sinxelo "The Beauty in Ugly" na serie Americana Ugly Betty que tamén formou parte da campaña "Be Ugly in '07" da cadea ABC. De aí lanzou unha nova edición de "The Beauty in Ugly" en español titulada "La Nueva Belleza".
Meses despois, o concursante de American Idol Chris Richardson interpretou o sinxelo de Mraz "Geek in the Pink", dándolle máis popularidade ao cantante e colocándoo no #22 na clasificación estadounidense da tenda de música iTunes.
Discografía
De estudio
Independente e álbum en vivo
- A Jason Mraz Demonstration (1999)
- Live at Java Joe's (2001)
- From the Cutting Room Floor (2001)
- Sold Out (In Stereo) (2002)
- The E Minor EP in F (2002)
Lanzados por unha casa disquera maior
- Tonight, Not Again: Jason Mraz Live at the Eagles Ballroom (2004)
- Wordplay EP (2005)
- Extra Credit EP (2005) - Descarga Digital
- Jimmy Kimmel Live: Jason Mraz EP (2005) - iTunes
- Geekin' Out Across the Galaxy (2006) - Descarga Digital
- Selections For Friends (2007) - Álbum en vivo en Descarga Digital
- We Sing, We Dance, We Steal Things (2008)
Singles
Premios e nomeamentos
Ano
|
Premio
|
2002
|
San Diego Music Awards - Mellor Acústico (Ganado)
|
2003
|
San Diego Music Awards - Artista do Ano (Ganado)
|
2003
|
San Diego Music Awards - Canción do Ano (Ganado)
|
2003
|
San Diego Music Awards - Artista do Ano (Ganado)
|
2005
|
Premios Grammy - Mellor Álbum Dirixido, No Clásico (Para Mr. A-Z) (Nomeado)
|
Véxase tamén
Ligazóns externas