María Janet Novás Rodríguez, coñecida como Janet Novás, nada no Porriño en 1982, é unha bailarina e actriz galega que obtivo o premio Goya á mellor actriz revelación de 2023 (en 2024).[1]
Traxectoria
Formouse en danza contemporánea en Madrid, Bruxelas e Berlín. En 2001 estableceuse en Madrid e desde 2008 creou coreografías e bailou en distintos festivais de danza e de artes escénicas de Europa e América.[2] Ten colaborado en espectáculos con Mercedes Peón[2] e coa compañía Voadora (Marta Pazos).[3] Tamén se dedica á docencia da danza.[3]
Como actriz, Novás debutou protagonizando o filme O corno, dirixido por Jaione Camborda, que obtivo a Cuncha de Ouro ao mellor filme do Festival de Cinema de Donostia. Por este papel obtivo o premio Goya á mellor actriz revelación en 2023 (entregado en 2024).[4]
Filmes
Notas