James Henry Dominic Miller, nado o 18 de decembro de 1968 en Haverfordwest (Gales) e asasinado o 2 de maio de 2003 en Rafah (Gaza), foi un cámara, produtor e director galés, agasallado con numerosos premios, entre eles cinco Emmy.
A miúdo traballaba con Saira Shah, con quen fundou e dirixiu unha produtora independente chamada Frostbite Productions. Foi asasinado co disparo dun soldado das Forzas de Defensa de Israel o 2 de maio de 2003 mentres filmaba o documental Death In Gaza en Rafah[1]. O soldado que o matou foi identificado na prensa como o Capitán Hib al-Heib[2].
O 6 de abril de 2006, o xurado londiniense que xulgaba o caso reportou o veredicto de "asasinato sen base legal" (unlawful killing), afirmando que Miller fora asasinado[1].
Miller casou en 1997 con Sophy Warren-Knott, con quen tiña dous fillos, Alexander e Charlotte.
Filmografía
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas