Jack Laviolette
John "Jack" Laviolette, nado o 17 de xullo de 1879 en Belleville (Ontario, Canadá)[1] e finado o 9 de xaneiro de 1960 en Montreal (Quebec, Canadá), foi un xogador profesional de hóckey sobre xeo canadense profesional. Laviolette xogou durante nove tempadas nos Montreal Canadiens, equipo do que foi o seu primeiro capitán, adestrado, e general manager. Laviolette foi unha das primeiras estrelas francófonas do hóckey sobre xeo. Laviolette foi un goleador excepcional dende a posición de defensa. Mais o verdadeiro lugar de Laviolette na historia do hóckey ten menos que ver co seu valor como anotador e máis co seu papel como verdadeiro organizador da fundación dos Canadiens, dos que foi o primeiro xogador, adestrador e general manager na súa tempada inaugural en 1910. TraxectoriaInfancia e debutJack Laviolette naceu en Belleville (Ontario), fillo de Antoine Rufiange Laviolette e Eliza Hébert, mais criouse en Salaberry-de-Valleyfield (Quebec), a onde se trasladou a súa familia cando tiña 12 anos.[2][3][4] Descubriu o hóckey sobre xeo patinando sobre a superficie conxeada das esclusas supervisadas polo pai de Didier Pitre[5]. Na tempada 1902-1903, Laviolette xogou no Bell AAA, que competía na liga do hockey da cidade de Montreal.[2] Na tempada seguinte, Pitre e el asinaron xuntos[6] para xogar no National de Montréal na nova Federal Amateur Hockey League. No transcurso da tempada de 1904 xogáronse seis partidos, e os xogadores do National clasificáronse en segunda posición por detrás dos Montreal Wanderers.[7] Laviolette, que podía xogar tanto en defensa como en ataque finalizou con oito goles en seis partidos, sendo o sexto máximo goleador da tempada.[4][8] Profesional en América do NorteNos Estados Unidos e a principios do século XX, a industria do cobre estaba en plena expansión para satisfacer as demandas crecentes de electricidade. Míchigan posuía numerosas minas e a vila de Houghton é un dos exemplos.[9] O Portage Lakes Hockey Club atraeu multitudes e James R. Dee, o seu propietario, quixo facer un negocio lucrativo e decidiu crear a primeira liga profesional do mundo. Jack « Doc » Gibson, un dentista chegado de Berlin (Ontario) que foi expulsado do hóckey de Ontario despois de ter aceptado moedas de ouro do alcalde de Berlin logo dunha vitoria contra unha cidade vechiña e responsable de recrutar xogadores do Canadá.[10] Cando Gibson regresou ao Canadá e correuse a voz de que en Míchigan se pagaba aos xogadores por xogar ao hóckey, Laviolette foi un dos primeiros xogadores en probar sorte e deixou Montreal.[11] Laviolette xogou a tempada 1904-05 cos Michigan Soo Indians da LIH, un equipo con base en Sault Sainte-Marie. De volta a Montreal ao final da tempada, convenceu a Pitre, que aínda era xogador do National.[11] Esperaron aos dous xogadores na Estación Windsor, mais Pitre foi retenido polos propietarios do National, ao que lle impediron unirse a Laviolette na estación. Finalmente, conseguiu reunirse co seu amigo, fíxolle asinar un contrato e os dous xogadores agocháronse na estación para coller un tren rápido sen cruzarse cos directivos do National.[12] A aventura nos Estados Unidos non durou máis que tres tempadas en total, xa que os presidentes dos equipos canadenses decidiron dar o paso ao profesionalismo para tentar parar o éxodo dos seus mellores xogadores.[12] A LIH non puido manter aos seus xogadores mentres as ligas profesionais eran creadas en todas partes. Pitre e Laviolette regresaron a Montreal para xogar e a súa elección foron os Montreal Shamrocks da Eastern Canada Amateur Hockey Association para as dúas seguintes tempadas.[6] Nacemento dos Montreal Canadiens![]() O 13 de novembro de 1909, a raíz dunha disputa entre os propietarios dos clubs membros da Eastern Canada Amateur Hockey Association e o propietario dos Montreal Wanderers, decidiuse formar unha nova liga, a National Hockey Association of Canada. A raíz da fundacióne por consello de Strachan, Jimmy Gardner, un director dos Wanderers, e John Ambrose O’Brien decidiuse explotar comercialmente a rivalidade entre os anglófonos e os francófonos de Montreal e crear un club de hóckey maioritariamente, senón totalmente, composto por xogadores de fala francesa. Para iso, encargáronlle a Laviolette recrutar xogadores francófonos para poder formar un novo club de hóckey que puidera rivalizar cos Wanderers. Naceu entón un novo equipo co nome de «Canadien» o 4 de decembro de 1909.[13] Laviolette puido entón contar coa axuda financeira de O'Brien para construír o novo equipo.[14] A misión de Laviolette era recrutar novos xogadores, ser director xeral, capitán, adestrador e xogador do equipo. Conseguiu recrutar a Pitre para xogar en defensa con el, Édouard "Newsy" Lalonde como rover,[Nota 1], Joseph Cattarinich nos goles do equipo e ataque: Ed Décarie como centro, e Arthur Bernier e Georges Poulin nos postos de aleiros.[5] Algúns destes xogadores que asinaron por ese primeiro equipo pasaron a formar parte posteriormente do Hockey Hall of Fame, como Newsy Lalonde, Didier Pitre e, o posteriormente incorporado Georges Vézina. O equipo que construíu Laviolette converteríase na franquía máis exitosa do hóckey profesional. Como pola sinatura con Sault Sainte-Marie, a chegada de Pitre ao seo do equipo de Montreal complicouse e non se solucionou ata que se acudiu aos tribunais.[15] O primeiro partido do equipo foi unha vitoria, mais o resultado non se ten en conta porque pouco tempo despois, a Canadian Hockey Association fusionouse coa NHA e os contadores puxéronse a cero. Finalmente, o equipo finalizou na derradeira posición a liga regular con dúas vitorias en 12 encontros.[16] O equipo contou co reforzo de Georges Vézina para a seguinte tempada, cando remataron na segunda posición da clasificación con oito vitorias e outras tantas derrotas.[17] Lalonde deixou o Club de hockey Canadien antes de comezar a tempada 1911-12 e Pitre tomou o relevo marcando 28 goles na súa conta particular. Laviolette gañou a Stanley Cup en 1916 cos Canadiens, sendo esta a primeira vez que o club conseguía alzarse co trofeo.[18] No transcurso da súa única tempada nas pistas da NHL (1917-18), rexistrou 18 partidos e 2 goles. O 1 de maio de 1918, o seu coche bateu contra un poste e tiveron que amputarlle o pé dereito, o que puxo fin á súa carreira como xogador.[19] No inverno de 1921 xogouse un partido benéfico para Jack no Aréna Mont-Royal, no que non só foi o invitado de honor, seón que tamén arbitrou o partido.[20] Morreu o 10 de xaneiro de 1960 en Montreal. O mesmo ano da súa morte, Laviolette foi introducido no Canada's Sports Hall of Fame como xogador de lacrosse,[21] e dous anos despois da súa morte foi introducido no Hockey Hall of Fame.[20] EstatísticasEstatísticas como xogador
Estatísticas como adestradorLaviolette adestrou únha única tempada aos Montreal Canadiens co seguinte registro:[22]
Premios e logros
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
|