Ivan Lovrenović

Modelo:BiografíaIvan Lovrenović

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de abril de 1943 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Zagreb, Croacia Editar o valor en Wikidata
EducaciónFacultade de Humanidades e Ciencias Sociais da Universidade de Zagreb Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpubblicista journalist (en) Traducir, historiador, escritor, ensaísta Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoEnsaio, non ficción, novela histórica, historia, crítica (pt) Traducir e diario Editar o valor en Wikidata
Premios

Ivan Lovrenović, nado en Zagreb o 18 de abril de 1943, é un xornalista, escritor e editor bosníaco de expresión croata e unha autoridade na cuestión da identidade dos croatas bosníacos [1].

Traxectoria

Pasou a súa infancia en Mrkonjić Grad e realizou estudos universitarios de croatoloxía e etnoloxía en Zagreb, logo de se licenciar e ata 1976 deu clase de lingua e literatura nun instituto de Mrkonjić Grad e logo traballou en Saraxevo na revista cultural Odjek, e foi editor das editoriais "Veselin Masleša" e "Svjetlost". En 1992 viviu no barrio de Grbavica, fortemente castigado durante a Guerra de Bosnia. En 1993 marchou da cidade sitiada cara a Zagreb, onde exerceu como diplomático na embaixada de Bosnia e mais como editor de Nenada Popović. Posteriormente exerceu en Berlín e tras o Acordo de Dayton volveu a Grbavica 1996, traballando como xornalista independente e columnista do BH Dani. É membro fundador do PEN Club de Bosnia e Hercegovina.

Obra

Como xornalista escribiu desde 1970 en boa parte dos xornais de Bosnia e da antiga Iugoslavia, os seus artigos, ensaios e ficción traduciuse ao alemán, inglés, ruso, francés, español, polaco, checo, holandés, esloveno, macedonio e outras linguas. Os seus artigos sobre a guerra de Bosnia publicáronse no New York Times, Frankfurter Rundschau, Frankfurter Algemeine Zeitung, Die Zeit ou Le Messager Europeen.

Títulos

  • Obašašća i basanja, prosa poética (Saraxevo 1975, Zagreb 2004)
  • Putovanje Ivana Frane Jukića, novela (Mostar 1977, Saraxevo 1984, Zagreb 2003, Banja Luka 2005)
  • Bosna i Hercegovina, monografía ilustrada (Saraxevo 1980)
  • Književnost bosanskih franjevaca, ensaio (Saraxevo 1982)
  • Skice, lajtmotivi, eseji (Banja Luka 1986)
  • Labirint i pamćenje, ensaio (Saraxevo 1989, 1990, Klagenfurt 1994)
  • Liber memorabilium, novela (Zagreb 1994, 2003)
  • Ex tenebris, recompilación de artigos (Zagreb 1994, 2005)
  • Bosna, kraj stoljeća, eseji, članci (Zagreb 1996)
  • Unutarnja zemlja - kratki pregled kulturne historije Bosne i Hercegovine (Zagreb 1998, 1999, 2004)
  • Bosanski Hrvati - esej o agoniji jedne evropsko-orijentalne mikrokulture (Zagreb 2002)
  • Duh iz Sindžira, recompilación de artigos (Zagreb 2005)
  • Poslije kraja (kronike) (Zagreb 2005)
  • Sedam dana po Bosni (Zagreb 2009)

Antoloxías:

  • Antologija bosanskohercegovačke pripovijetke XX vijeka, Enverom Kazazom e Nikolom Kovačem (Saraxevo 2000)
  • Za gradom jabuka, 200 najljepših sevdalinki (Saraxevo 2005)

Notas

  1. "Ivan Matić (2010) The Identityt of Croats in Bosnia and Herzegovina: The compelling differences" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 24 de xuño de 2013. 

Véxase tamén

Ligazóns externas