Iria Morgade Valcárcel, nada en Pontevedra o 4 de xaneiro de 1988, é unha escritora galega.[1]
Traxectoria
É Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración (UCM, 2011), Mestrado en Migracións Internacionais: Investigación, políticas migratorias e mediación intercultural (UDC, 2013) e Mestrado en Formación do Profesorado (USC, 2014). As súas liñas de investigación son a memoria e o discurso social, a represión franquista e a mobilización social e política. A súa tese de doutoramento estuda[2] a mobilización social arredor da memoria no estado español dende a Transición ata a actualidade.
Ten colaborado na Revista Galega de Educación, Tempo Exterior, no XIV Congreso de la Asociación de Historia Contemporánea, Alacante[3] e en Sites of Violence and Memory in Modern Spain. From the Spanish Civil War to the Present Day, Londres, Bloomsbury Publishing.
Pertence ao grupo Histagra. En 2023 era profesora de formación profesional no IES Luís Seoane de Pontevedra.[4]
Obra
Libros colectivos
- Sete de libros (2012). A Coruña: Biblos Clube de Lectores.
- Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo (2018). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-9151-243-1.
Premios
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas