Inteína

mecanismo do splicing de proteínas no que están implicadas as inteínas
O mecanismo do splicing de proteínas implica as inteínas. Neste esquema, a N-exteína móstrase en vermello, a inteína en negro, e a C-exteína en azul. X representa ou un átomo de oxíxeno ou de xofre.

Unha inteína é un segmento dunha proteína que se pode escindir por si mesma da cadea proteica e volve a unir as porcións restantes (as exteínas) por medio dun enlace peptídico. O concepto de inteína/exteína nas proteínas é en gran medida análogo ao concepto intrón/exón nos xenes, polo que as inteínas foron chamadas os "intróns das proteínas".[1]

O empalme ou splicing de proteínas mediado por inteínas ten lugar despois da tradución da proteína nos ribosomas a partir do seu ARNm, polo que é un fenómeno postraducional. Esta proteína precursora inicial saída do ribosoma contén tres segmentos: unha N-exteína seguida da inteína e despois unha C-exteína (N e C fan referencia á proximidade da exteína aos extremos N e C-terminais da proteína). Despois de que ten lugar o splicing, o resultado tamén se chama exteína (proteína definitiva sen a inteína).

As inteínas conteñen xeralmente dous dominios, un para o autosplicing, e outro que é un dominio endonuclease para a propagación. Os elementos para o autosplicing están nas porcións N- e C-exteínas, e a endonuclease está na inteína e intervén na propagación da inteína no xenoma. O dominio endonuclease non sempre está presente.[2]

Historia

A primeira inteína descubriuse en 1988 por medio da comparación de secuencias xénicas entre a ATPase vacuolar de Neurospora crassa[3] e de cenoria [4] (sen inteína) e o xene homólogo do lévedo Saccharomyces cerevisiae (con inteína) que foi primeiro descrito como un posible transportador de ións calcio.[5] En 1990 Hirata et al.[6] demostraron que a secuencia extra do xene do lévedo fora transcrito ao ARNm e só era eliminado na proteína despois da súa tradución. Desde entón, as inteías atopáronse nos tres dominios de seres vivos (eucariotas, bacterias e arqueas) e tamén en virus.

Moitas das inteínas atopadas tamén conteñen un dominio endonuclease que exerce unha función na propagación da inteína [2]. De feito, moitos xenes teñen segmentos codificantes de inteínas non relacionados inseridos en diferentes posicións. Por estas e outras razóns, as inteínas (ou máis apropiadamente, os segmentos xénicos que codifican as inteínas) son ás veces chamados elementos xenéticos egoístas ou elementos xenéticos parasitos [7].

Nas bases de datos que conteñen todas as inteínas coñecidas (Inbase), hai 113 delas que están presentes nos eucariotas e teñen lonxitudes mínimas de 138 aminoácidos e máximas de 844. A primeira inteína atopada estaba codificada no xene VMA de Saccharomyces cerevisiae. Despois encontráronse noutros fungos (ascomicetos, basidiomicetos, cigomicetos e quitridios) e en diversas proteínas. Unha proteína remotamente emparentada coas proteínas que conteñen inteínas coñecidas, pero estreitamente emparentada coas proteínas hedgehog dos metazoos, tiña a secuencia de inteína de Glomeromycota. Moitas das inteínas recentemente descritas conteñen endonucleases e algunhas delas aparentemente son activas [8]. A abundancia de inteínas nos fungos indica que se produciu unha transferencia lateral de xenes que conteñen inteínas. Nas bacterias e arqueas, coñécense, respectivamente, 289 e 182 inteínas ata agora (ano 2002). Non é sorprendente que a maioría das inteínas de bacterias e arqueas estean inseridas en proteínas metabólicas dos ácidos nucleicos, igual que nos fungos.[8].

Mecanismo

O mecanismo para realizar o splicing é un proceso natural análogo da técnica que produce proteínas de tamaño medio chamada ligazón química nativa, que foi desenvolvida ao mesmo tempo que se descubrían as inteínas.[9][10]

O proceso comeza cun cambio de posición N-O ou N-S cando a cadea lateral do primeiro residuo (unha serina, treonina, ou cisteína) da porción da inteína da proteína precursora fai un ataque nucleofílico ao enlace peptídico do residuo inmediatamente anterior (que é o residuo final da N-exteína) para formar un intermediato éster (ou tioéster) liñal. Ocorre unha transesterificación cando a cadea lateral do primeiro residuo da C-exteína ataca o (tio)éster acabado de formar para liberar o extremo N-terminal da inteína. Isto orixina un intermediario ramificado no cal están unidas a N-exteína e a C-exteína, aínda que non por enlace peptídico. O último residuo da inteína é sempre unha asparaxina, e o átomo de nitróxeno da amida desta cadea lateral corta o enlace peptídico entre a inteína e a C-exteína, orixinando un segmento de inteína totalmente libre cunha imida cíclica terminal. Finalmente, o grupo amino libre da C-exteína ataca agora o (tio)éster que une as N- e C-exteínas. Un cambio de posición O-N ou S-N produce un enlace peptídico e a proteína ligada funcional.[11]

Inteínas en biotecnoloxía

As inteínas son moi eficientes no splicing de proteínas, e teñen importantes aplicacións en biotecnoloxía. Identificáronse máis de 200 inteínas; con tamaños que van de 100 a 800 aminoácidos. Utilizáronse técnicas de enxeñaría xenética coas inteínas para darlle aplicacións especiais como a semisíntese de proteínas [12] e a marcaxe selectiva de elementos proteicos, que é útil para estudos de resonancia magnética nuclear de proteínas grandes.[13]

A inhibición farmacéutica da escisión das inteínas pode ser unha ferramenta útil para o desenvolvemento de fármacos; a proteína que contén a inteína non poderá levar a cabo a súa función normal se a inteína non se escinde, xa que a súa estrutura quedará distorsionada.

Suxeriuse que as inteínas poderían ser útiles para conseguir a expresión alotópica de certas proteínas moi hidrófobas codificadas normalmente polo xenoma mitocondrial, por exemplo na terapia xénica [14]. O carácter hidrofóbico destas proteínas é un obstáculo para a súa importación ás mitocondrias. Xa que logo, a inserción dunha inteína non hidrofóbica pode permitir que teña lugar esta importación. A escisión das inteínas despois da súa importación restauraría despois a forma normal da proteína.

O uso de etiquetas de afinidade para purificar proteínas recombinantes foi moi utilizado, xa que permite a acumulación de proteínas recombinantes con poucas impurezas, pero a etiqueta de afinidade debe ser eliminada por proteases no paso final. O paso extra da proteólise crea o problema da especificidade da protease para eliminar a etiqueta de afinidade da proteína recombinante. Tamén debe eliminarse o seu produto de dixestión. Este problema pode ser evitado fusionando a etiqueta de afinidade a unha inteína que se pode autoescindir nun medio controlado. A primeira xeración de vectores de expresión deste tipo usaba unha inteína de VMA (Sce VMA) de Saccharomyces cerevisiae modificada. Chong et al. (1997) utilizaron o dominio de unión á quitina de Bacillus circulans como etiqueta de afinidade e fusionaron esa etiqueta na inteína Sce VMA modificada. A inteína modificada experimenta unha reacción de autoclivaxe no seu enlace peptídico N-terminal por 1,4-ditiotreitol (DTT), β-mercaptoetanol (β-ME) ou cistina a baixa temperatura e nun amplo rango de pH. Despois da expresión da proteína recombinante, o homoxenado celular pásase por unha columna que contén quitina. Isto permite que o dominio de unión á quitina da proteína quimérica se una á columna. Ademais, cando se baixa a temperatura e as moléculas descritas antes pasan pola columna, a proteína quimérica sofre autosplicing e só se elúe a proteína diana. Esta nova técnica elimina o paso da proteólise e a Sce VMA modificada queda na columna unida á quitina polo dominio de unión á quitina [15].

Recentemente, as inteínas empezaron a utilizarse para purificar proteínas baseándose en péptidos autoagregados. Os polipéptidos similares á elastina (ELPs) son unha útil ferramenta biotecnolóxica. Fusionados con proteínas diana, tenden a formar agregados dentro das células [16]. Isto elimina o paso cromatográfico necesario para a purificación das proteínas. Os polipéptidos similares á elastina utilizáronse na proteína de fusión da inteína, para que os agregados puidesen ser illados sen cromatografía (por centrifugación) e despois a inteína e a etiqueta puidesen ser clivadas dunha maneira controlada para liberar a proteína diana na solución. Este illamento de proteínas pode facerse usando un fluxo continuou, que rende gran cantidade de proteína, facendo que o proceso sexa máis eficiente economicamente cós métodos convencionais [16]. Outros grupos de investigadores utilizaron etiquetas autoagregantes máis pequenas para illar a proteína diana. Utilizáronse os pequenos péptidos anfipáticos 18A e ELK16 para formar proteína agregante autoclivante [17].

Nomenclatura das inteínas

A primeira parte do nome dunha inteína está baseada nunha abreviación da nomenclatura binomial do nome científico da especie na que foi atopada, e o segundo está baseado no nome do xene correspondente da exteína. Por exemplo, a inteína encontrada en Thermoplasma acidophilum e asociada coa subunidade A da ATPase vacuolar (VMA) denomínase "Tac VMA".

Normalmente, como neste exemplo, só se usan tres letras para especificar o organismo, pero isto pode variar. Poden engadirse máis letras para indicar a cepa. Se está codificada máis dunha inteína no xene correspondente, dáselle a cada unha un sufixo numérico empezando polo extremo 5' do xene e acabando no 3' ou, outras veces, segundo a orde en que foron identificadas (por exemplo, "Msm dnaB-1").

Ao segmento do xene que codifica a inteína dáselle xeralmente o mesmo nome ca á inteína, pero para evitar confusión o nome da inteína normalmente vai en maiúscula (por exemplo, Pfu RIR1-1), entanto que o nome do segmento xénico correspondente vai en cursiva (por exemplo, Pfu rir1-1).[2]

Miniinteínas e inteínas grandes

As inteínas grandes son as que constan dun dominio de splicing (situado na N- e C-exteínas) e un dominio endonuclease. As miniinteínas carecen do dominio endonuclease.

Moitas inteínas conteñen un dominio de xene de endonuclease (homing endonuclease gene, HEG) ademais dos dominios de splicing. Este dominio é responsable da propagación da inteína ao cortar o ADN dun alelo sen inteína no cromosoma homólogo, o que desencadea a actuación do sistema de reparación do ADN de roturas de dobre febra, que reparará a rotura, e así copia o ADN codificante da inteína no alelo que antes non a tiña. Porén, o dominio HEG non é necesrio para o splicing da inteína, e pode perderse, formando unha miniinteína ou inteína mínima. Varios estudos demostraron a natureza modular das inteínas ao engadir e eliminar os dominios HEG e determinar a actividade dos novos que se forman.[2]

Inteínas divididas

Ás veces, as inteínas da proteína precursora proceden de dous xenes. Neste caso, a inteína dise que é unha inteína dividida ou separada (split intein). Por exemplo, en cianobacterias, a subunidade catalítica α DnaE da ADN polimerase III, está codificada por dous xenes separados, dnaE-n e dnaE-c. O produto xénico dnaE-n consiste nunha secuencia N-exteína seguida dunha secuencia de inteína de 123 aminoácidos, e, por outra parte, o produto xénico dnaE-c consiste nunha secuencia de inteína de 36 aminoácidos seguida da secuencia da C-exteína.[2]

Notas

  1. Anraku Y, Mizutani R, Satow Y (2005). "Protein splicing: its discovery and structural insight into novel chemical mechanisms". IUBMB Life 57 (8): 563–74. PMID 16118114. doi:10.1080/15216540500215499. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 J. Peter Gogarten, Alireza G. Senejani, Olga Zhaxybayeva, Lorraine Olendzenski, Elena Hilario. Inteins: Structure, Function, and Evolution. Annu. Rev. Microbiol. 2002. 56:263–87. doi: 10.1146/annurev.micro.56.012302.160741 [1]
  3. Bowman EJ, Tenney K, Bowman BJ Isolation of genes encoding the Neurospora vacuolar ATPase. Analysis of vma-1 encoding the 67-kDa subunit reveals homology to other ATPases. J Biol Chem. 1988 Oct 5;263(28):13994-4001.
  4. Zimniak L, Dittrich P, Gogarten JP, Kibak H, Taiz L.The cDNA sequence of the 69-kDa subunit of the carrot vacuolar H+-ATPase. Homology to the beta-chain of F0F1-ATPases. J Biol Chem. 1988 Jul 5;263(19):9102-12
  5. Shih CK, Wagner R, Feinstein S, Kanik-Ennulat C, Neff N. A dominant trifluoperazine resistance gene from Saccharomyces cerevisiae has homology with F0F1 ATP synthase and confers calcium-sensitive growth. Mol Cell Biol. 1988 Aug;8(8):3094-103
  6. Hirata R, Ohsumk Y, Nakano A, Kawasaki H, Suzuki K, Anraku Y. Molecular structure of a gene, VMA1, encoding the catalytic subunit of H(+)-translocating adenosine triphosphatase from vacuolar membranes of Saccharomyces cerevisiae. J Biol Chem. 1990 Apr 25;265(12):6726-33.
  7. Gogarten, J Peter; Elena Hilario (2006). "Inteins, introns, and homing endonucleases: recent revelations about the life cycle of parasitic genetic elements". BMC Evol Biol 6: 94. ISSN 1471-2148. PMC 1654191. PMID 17101053. doi:10.1186/1471-2148-6-94. Consultado o 31 xullo 2012. 
  8. 8,0 8,1 Perler, F. B. (2002). InBase: the Intein Database. Nucleic Acids Research, 30(1), 383-384. DOI 10.1093/nar/30.1.383. [2]
  9. P. E. Dawson, T. W. Muir, I. Clark-Lewis, S. B. Kent (1994). "Synthesis of proteins by native chemical ligation". Science 266 (5186): 776–778. doi:10.1126/science.7973629. [3]
  10. Ollivier, N. Dheur, J. Mhidia, R. Blanpain, A. Melnyk, O. (2010). Organic Letters 12 (22): 5238–41. doi:10.1021/ol102273u. http://pubs.acs.org/doi/abs/10.1021/ol102273u. [4]
  11. Noren CJ, Wang J, Perler FB (2000). "Dissecting the chemistry of protein splicing and its applications". Angew Chem Int Ed Engl 39 (3): 450–66. PMID 10671234. 
  12. Schwarzer D, Cole PA (2005). "Protein semisynthesis and expressed protein ligation: chasing a protein's tail". Curr Opin Chem Biol 9 (6): 561–9. PMID 16226484. doi:10.1016/j.cbpa.2005.09.018. 
  13. Muralidharan V, Muir TW (2006). "Protein ligation: an enabling technology for the biophysical analysis of proteins". Nat. Methods 3 (6): 429–38. PMID 16721376. doi:10.1038/nmeth886. 
  14. de Grey, Aubrey D.N.J (setembro 2000). "Mitochondrial gene therapy: an arena for the biomedical use of inteins". Trends in Biotechnology (en inglés) 18 (9): 394–399. ISSN 0167-7799. PMID 10942964. doi:10.1016/S0167-7799(00)01476-1. 
  15. Chong, S., Mersha, F. B., Comb, D. G., Scott, M. E., Landry, D., Vence, L. M., Perler, Francine B, et al. (1997). Single-column purification of free recombinant proteins using a self-cleavable affinity tag derived from a protein splicing element. Gene, 192(2), 271-281. DOI 10.1016/S0378-1119(97)00105-4. [5]
  16. 16,0 16,1 Fong, B. a, & Wood, D. W. (2010). Expression and purification of ELP-intein-tagged target proteins in high cell density E. coli fermentation. Microbial cell factories, 9(1), 77. BioMed Central Ltd. DOI 10.1186/1475-2859-9-77. [6]
  17. Xing, L., Wu, W., Zhou, B., & Lin, Z. (2011). Streamlined protein expression and purification using cleavable self-aggregating tags. Microbial cell factories, 10(1), 42. BioMed Central Ltd. doi 10.1186/1475-2859-10-42. [7]

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Read other articles:

مديرية الحالي  - مديرية -  موقع المديرية في محافظة الحديدة تقسيم إداري البلد  اليمن[1] المحافظة محافظة الحديدة خصائص جغرافية إحداثيات 14°34′00″N 43°10′00″E / 14.56667°N 43.16667°E / 14.56667; 43.16667 المساحة 102 كم² الارتفاع 22 متر  السكان الكثافة السكانية 1647. نسمة/�...

 

Åfjord ialah sebuah kotamadya di provinsi Sør-Trøndelag, Norwegia. Jembatan di atas Stokksundet ke pulau Stokkøya Åfjord terletak di sisi barat laut Semenanjung Fosen di barat laut ibu kota provinsi Trondheim. Lambang Lambang kotamadya Lambangnya, yang menunjukkan 2 tangkai perahu (untuk menunjukkan åfjordbåt khusus yang dibuat di kotamadya ini) berasal dari masa modern (1997). Geografi Peta lokasi Pusat utama kotamadya ini adalah Årnes (juga disebut Å in Åfjord). Semua layanan utam...

 

Paus berparuh Cuvier Periode Pliosen - saat ini Ziphius cavirostris Ilustrasi seekor paus berparuh CuvierPerbandingan ukuran dengan manusiaStatus konservasiRisiko rendahIUCN23211 TaksonomiSubkerajaanEumetazoaKladParahoxozoaKladBilateria$0NephrozoaSuperfilumDeuterostomiaFilumChordata$0OlfactoresSubfilumVertebrataInfrafilumGnathostomataMegaclassOsteichthyesSuperkelasSarcopterygiiKladDipnotetrapodomorphaKladTetrapodomorphaSuperkelasTetrapodaKladReptiliomorphaKladAmniotaKladSynapsidaKladEupelycos...

1888 Philadelphia Quakers The history of the Philadelphia Phillies of Major League Baseball's National League began on November 1, 1882, with the organization of the Philadelphia Ball Club Limited. In 1883, this organization won the franchise rights to Philadelphia when the city was selected to replace the Massachusetts-based Worcesters, who had folded after the 1882 season. The franchise made its first post-season appearance in 1915, losing to the Boston Red Sox in the World Series. The Phi...

 

John LandLand announcing his 2013 campaign for mayorMayor of Apopka, FloridaIn officeJanuary 1, 1971 – April 22, 2014Preceded byLeonard HurstSucceeded byJoe KilsheimerIn officeJanuary 1, 1950 – January 1, 1968Preceded byDr. C. H. DamselSucceeded byLeonard Hurst Personal detailsBorn(1920-11-05)November 5, 1920Plant City, Florida, U.S.DiedNovember 22, 2014(2014-11-22) (aged 94)Orlando, Florida, U.S.Political partyRepublicanSpouseBetty Hall LandProfessionpolitician Joh...

 

British-Australian quantum physicist (born 1967) Michelle SimmonsAO FRS FAA FRSN FTSEMichelle Simmons at the Royal Society admissions day in London, July 2018BornMichelle Yvonne Simmons (1967-07-14) 14 July 1967 (age 56)London, United KingdomAlma materDurham University (PhD)SpouseThomas BarlowChildren1 daughter; 2 sonsAwards Pawsey Medal (2005) Thomas Ranken Lyle Medal (2015) Eureka Prize (2015) Feynman Prize in Nanotechnology (2015) L'Oréal-UNESCO Awards for Women ...

  لمعانٍ أخرى، طالع دوغ فورد (توضيح). الشريف  دوغ فورد عضو برلمان مقاطعة أونتاريو  [لغات أخرى]‏  (بالإنجليزية: Doug Ford)‏    معلومات شخصية اسم الولادة (بالإنجليزية: Douglas Robert Ford Jr.)‏  الميلاد 20 نوفمبر 1964 (60 سنة)[1]  مواطنة كندا  الأولاد كريستا فورد ...

 

Eastleighcollegio elettoraleEastleigh nell'Hampshire Stato Regno Unito CapoluogoEastleigh, Bishopstoke, Botley, Hedge End, Hamble-le-Rice Elezioni perCamera dei comuni Eletti1 deputato (Paul Holmes, Con, dal 2019) Tipologiauninominale Istituzione1955 Creato daWinchester Manuale Eastleigh è un collegio elettorale inglese situato nell'Hampshire rappresentato alla Camera dei comuni del parlamento del Regno Unito. Elegge un membro del parlamento con il sistema maggioritario a turno uni...

 

Ranking system for men's national association football teams Top 20 rankings as of 27 March 2024[1] Rank Change Team Points 1  Argentina 2139 2 1  France 2085 3 1  Brazil 2028 4 1  Spain 2019 5  Portugal 2013 6 1  England 1999 7 5  Colombia 1998 8 5  Uruguay 1989 9 1  Belgium 1986 10 6  Netherlands 1968 11 1  Italy 1956 12 1  Croatia 1953 13 4  Germany 1921 14 7  Ecuador 1873 15 8  Ukraine 1863 16 15  Aust...

Questa voce sugli argomenti società di pallacanestro britanniche e Londra è solo un abbozzo. Contribuisci a migliorarla secondo le convenzioni di Wikipedia. London TowersPallacanestro Segni distintiviUniformi di gara Casa Trasferta Colori sociali Giallo e nero Dati societariCittàLondra Nazione Regno Unito ConfederazioneFIBA Europe CampionatoBritish Basketball League Fondazione1984 Scioglimento2009 DenominazioneTower Hamlets(1984-1989)London Docklands(1989-1991)London Towers(1991...

 

Wikispecies mempunyai informasi mengenai Dolar rambat. Dolar rambat Ficus pumila Ficus pumila di depan hotel Citradream Cirebon TaksonomiDivisiTracheophytaSubdivisiSpermatophytesKladAngiospermaeKladmesangiospermsKladeudicotsKladcore eudicotsKladSuperrosidaeKladrosidsKladfabidsOrdoRosalesFamiliMoraceaeGenusFicusSpesiesFicus pumila Linnaeus, 1753 lbs Dolar rambat (Ficus pumila) adalah spesies tumbuhan merambat yang berasal dari Genus ficus, tumbuhan ini berasal dari Asia Timur & Tenggara, ...

 

Born This WaySingel oleh Lady Gagadari album Born This WayDirilis Amerika Serikat 11 Februari 2011 (2011-02-11)  Britania Raya 14 Maret 2011 (2011-03-14)  Jepang 16 Maret 2011 (2011-03-16)  Filipina 16 Juni 2013 (2013-06-16)  Indonesia 12 Juni 2017 (2017-06-12)FormatCD single, digital downloadDirekam2010Genre Electropop dance-pop synth-pop Durasi4:20LabelStreamline, Kon Live, InterscopePenciptaStefani Germanotta[1]ProduserLady Gaga, Fe...

Legislature of Moldova Parliament of Moldova Parlamentul Republicii Moldova11th legislatureTypeTypeUnicameral HistoryFounded23 June 1991; 33 years ago (1991-06-23)Preceded bySupreme Soviet of the Moldavian SSRLeadershipPresident of the ParliamentIgor Grosu, PAS since 29 July 2021 Vice President of the ParliamentDoina Gherman, PAS since 1 February 2024 Vice President of the ParliamentVlad Batrîncea, BCS since 29 November 2019 StructureSeats101Political group...

 

Pour les articles homonymes, voir Pathfinder et APEX. Atacama Pathfinder ExperimentPrésentationType RadiotélescopeObservatoire Observatoire du Llano de Chajnantor, Event Horizon TelescopeGestionnaire Observatoire européen austral, Institut Max-Planck de radioastronomie, observatoire spatial d'OnsalaMise en service 2004Site web www.apex-telescope.orgDonnées techniquesDiamètre 12 mLongueur d'onde 200 000 nm et 1,5 M nmMonture Altazimutale1GéographieAltitude 5 064 mLieu Désert ...

 

StaffordcityStafford – Veduta LocalizzazioneStato Stati Uniti Stato federato Texas ConteaFort BendHarris (Texas) TerritorioCoordinate29°37′27″N 95°33′48″W29°37′27″N, 95°33′48″W (Stafford) Altitudine26 m s.l.m. Superficie18,1 km² Abitanti17 693 (2010) Densità977,51 ab./km² Altre informazioniCod. postale77477, 77497 Prefisso281 Fuso orarioUTC-6 MottoCity with no property taxes! CartografiaStafford Stafford – Mappa Sito istituzionaleModif...

2008 video game 2008 video gameTales of HeartsNorth American cover to the PlayStation Vita remake, Tales of Hearts RDeveloper(s)Namco Tales Studio (DS)7th Chord, Bandai Namco Studios (PSV)Publisher(s)Bandai Namco Games[Note 1]Director(s)Naoto Miyadera (DS)Kazuhisa Oomi (DS)Hironori Naoi (PSV)Producer(s)Hideo Baba (DS)Takashi Yota, Mika Murakita (PSV)Artist(s)Mutsumi InomataWriter(s)Naoki Yamamoto[4]Keishi Maeda (Hearts R)Composer(s)Motoi SakurabaHiroshi TamuraShinji TamuraKazu...

 

Marcel BernardNazionalità Francia Tennis Carriera Singolare1 Vittorie/sconfitte Titoli vinti Miglior ranking Risultati nei tornei del Grande Slam  Australian Open -  Roland Garros V (1946)  Wimbledon 3T (1934 1937)  US Open - Doppio1 Vittorie/sconfitte Titoli vinti Miglior ranking Risultati nei tornei del Grande Slam  Australian Open -  Roland Garros V (1936 1946)  Wimbledon -  US Open - 1 Dati relativi al circuito maggiore professionistico.  ...

 

Carl Spiecker 1948 auf der Rittersturz-Konferenz Carl (oft auch Karl) Spiecker (* 7. Januar 1888 in Mönchengladbach; † 16. November 1953 in Königstein im Taunus) war ein deutscher Journalist und Politiker (Zentrumspartei, CDU). Inhaltsverzeichnis 1 Leben 1.1 Anfänge im Journalismus 1.2 Oberschlesien 1.3 Pressechef und Verleger 1.4 Im Exil ab 1933 1.5 Nachkriegskarriere als Politiker 2 Literatur 3 Weblinks 4 Fußnoten Leben Anfänge im Journalismus Spiecker war von 1912 bis 1916 Parlament...

この記事は検証可能な参考文献や出典が全く示されていないか、不十分です。 出典を追加して記事の信頼性向上にご協力ください。(このテンプレートの使い方)出典検索?: 蘭銀官話 – ニュース · 書籍 · スカラー · CiNii · J-STAGE · NDL · dlib.jp · ジャパンサーチ · TWL (2016年8月) シナ・チベット語族 > シナ語派 > 中国...

 

يفتقر محتوى هذه المقالة إلى الاستشهاد بمصادر. فضلاً، ساهم في تطوير هذه المقالة من خلال إضافة مصادر موثوق بها. أي معلومات غير موثقة يمكن التشكيك بها وإزالتها. (ديسمبر 2018) كأس السوبر الأوروبي 1976 رويال أندرلخت بايرن ميونخ 5 3 مباراة الذهاب: إنتهت بفوز بايرن ميونخ 2:1.مباراة الإيا�...