O Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) é un centro de investigación mariñas e pesqueiras que pertence ao Consello Superior de Investigacións Científicas e que se atopa en Bouzas, Vigo. Creouse no 1951 e dependeu do Instituto de Investigacións Pesqueiras de Barcelona ata o 1978, cando se desvencellou del e recibiu o nome de Instituto de Investigacións Pesqueiras. O nome actual asignóuselle en 1986[1]
Liñas de investigacións
O IIM adícase especialmente ao estudo dos ecosistemas mariños, á fisioloxía e enfermidades de organismos acuáticos cultivados, aos produtos mariños de consumo e aos problemas ambientais xerados por actividades humanas en costas.
Os departamentos do IIM e a as súas liñas de investigación son [2]:
Historia
En 1943 o CSIC creou o Instituto de Bioloxía Aplicada e no 1949 creou a súa sección de bioloxía mariña. No 1951 esa sección recibiu a denominación de Instituto de Investigacións Pesqueiras. Ese ano creáronse os laboratorios costeiros de Blanes, Vinaròs, Castelló e o de Vigo. No ano 1957, trala creación do centro de Cádiz, creouse o centro de Barcelona, do que pasaron a depender tódolos laboratorios[1][3].
O IIM dependeu do IIM de Barcelona ata o 1978, dándoselle o nome de Instituto de Investigacións Pesqueiras. No 1986 recibiu o nome actual de Instituto de Investigacións Mariñas[4].
Antes de se inaugurar o edificio actual de Bouzas no 1973, o centro ocupaba parte do Instituto Alemán de Vigo, entre os anos 1951 e 1960 e unha sede enteira na Avenida Orillamar dende o 1961 ata o 1973. Foi no 1973 cando o IIM pasou á súa actual localización en Bouzas.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas