O Instituto Arqueolóxico Alemán (en alemán: Deutsches Archäologisches Institut –DAI–) é unha institución dedicada á investigación no ámbito da arqueoloxía e outros campos relacionados, fundada en Roma en 1829. Desde 1832 ten a súa sede en Berlín e configúrase como unha axencia federal dentro do Ministerio Federal de Relacións Exteriores da República Federal de Alemaña.[1]
A súa presidenta desde 2011 é Friederike Fless.[2] O seu secretario xeral é Philipp von Rummel.[3]
Historia
O 21 de abril de 1829, un círculo de eruditos, artistas e diplomáticos (Otto Magnus von Stackelberg, Theodor Panofka e August Kestner), liderados polo filólogo clásico e arqueólogo alemán Eduard Gerhard, fundaba en Roma o Istituto di Corrispondenza Archeologica co propósito de estudar os monumentos da arte antiga, a epigrafía e a topografía, e dar a coñecer os resultados das súas investigacións, baixo o mecenado do príncipe herdeiro de Prusia e máis tarde rei Frederico Guillerme IV (1840-1861). Cando Eduard Gerhard deixou Roma e marchou cara a Berlín en 1832, o instituto continuou operando en Roma, mais a súa sede foi trasladada a Berlín. Prusia fíxose cargo do financiamento ordinario do Instituto en 1859.[4][5]
En 1871 converteuse nunha institución estatal de Prusia, coa denominación de Instituto de Correspondencia Arqueolóxica, e en 1874 pasou a ter a consideración de institución imperial. Foi en 1887 cando comezou a denominouse oficialmente Instituto Arqueolóxico Imperial Alemán e a partir de 1914 Instituto Arqueolóxico do Imperio Alemán.[4]
En 1874, o DAI pasou a encadrarse dentro da estrutura do Ministerio Federal de Relacións Exteriores. A partir de 1934 e durante pouco tempo estivo subordinado ao Ministerio do Interior do Reich e logo ao Ministerio do Reich de Ciencia e Educación Pública. En 1945, o instituto foi administrado polo Estado de Berlín e en 1970 foille reasignado ao Ministerio de Relacións Exteriores por decreto do chanceler federalWilly Brandt.[4]
A Comisión Romano-xermánica (Römisch-Germanische Kommission) do Instituto Arqueolóxico Alemán ten a súa sede en Frankfurt e foi establecida en 1902. Conta coa biblioteca máis completa do mundo en materia de arqueoloxía prehistórica e centra as súas investigacións nesa época, así como na historia temperá de Europa e na arqueoloxía provincial romana.[7]
Pola súa banda, a Comisión de Historia Antiga e Epigrafía (Kommission für Alte Geschichte und Epigraphik), con sede en Múnic, fundada en 1951 e integrada no Instituto Arqueolóxico Alemán desde 1967, circunscribe o seu ámbito de interese á epigrafíagrega e latina, a numismática, a papiroloxía e a topografía histórica.[8]
A máis recente é a Comisión para a Arqueoloxía das Culturas non Europeas (Kommission für Archäologie Außereuropäischer Kulturen). Ten a súa sede en Bonn e foi establecida en 1979, daquela coa denominación de Comisión de Arqueoloxía de Culturas non Europeas. Esta comisión conta cunha subsede en Ulán Bátor.[9]
Personalidades do Instituto Arqueolóxico Alemán
En función da época, os máximos dirixentes do Instituto tiñan a denominación de secretarios, secretarios xerais ou presidentes:[10]
Máximos dirixentes
Istituto di Corrispondenza Archeologica
(1829-1838): Christian Karl Josias Freiherr von Bunsen.
Jansen, C. (2016). "Das Deutsche Archäologische Institut im Zeitalter des Nationalismus. Schlaglichter auf die Beziehungen zwischen Archäologie und Politik in der ersten Hälfte des 20. Jahrhunderts". En Jahrbuch des Deutschen Archäologischen Instituts, 130-2015. Páxinas 355-376. ISBN 978-3-11-044513-8
Junker, K. (1997). Das Archäologische Institut des Deutschen Reiches zwischen Forschung und Politik: die Jahre 1929 bis 1945. Von Zabern, Maguncia. ISBN 3-8053-2339-5