| Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación.
Este artigo é demasiado curto ou tan só unha definición de dicionario. Por favor, axuda ampliando a información que achega. Cando o problema se resolva, retira esta mensaxe. Por favor, non quites esta mensaxe ata que este problema estea solucionado. (Desde decembro de 2024.) |
Instagram é unha rede social e aplicación para partillar fotos e vídeos. Permite aos usuarios aplicar efectos fotográficos como filtros, marcos, cores retro e vintage, e posteriormente partillalas en diferentes redes sociais como Facebook, Tumblr, Flickr, Twitter ou Vkontakte. Unha característica distintiva da aplicación é que da unha forma cadrada ás fotrografías en honor á Kodak Instamatic e as cámaras Polaroid, contrastando coa relación de aspecto 16:9 que na actualidade usan a maioría das cámaras dos teléfonos móbiles.
Instagram foi creada por Kevin Systrom e Mike Krieger e foi lanzada en outubro de 2010. A aplicación gañou popularidade de forma doada, con máis de 100 millóns de usuarios activos en abril do 2012 e superou os 300 millóns en decembro de 2014.[1] Instagram foi deseñada orixinalmente para iPhone e á súa vez dispoñíbel para os seus irmáns iPad e iPod co sistema iOS 3.0.2 ou superior. A principios de abril de 2012, publicouse unha versión para Android.
A partir da versión 4.0 a aplicación permite ao usuario a toma de filmes cunha duración máxima de 15 segundos. Esta nova ferramenta inclúe estabilización de imaxe.
Filtros
Instagram identifícase polos seus coñecidos filtros os cales veñen de Polaroid que fan alusión a que foron tomadas polas mesmas.
- Slumber
- Crema
- Ludwig
- Aden
- Perpetua
- Amaro
- Mayfair
- Rise
- Valencia
- Hudson
- Willow
- X-Pro II
- Lomo-fi/Lo-fi
- Sierra
- Earlybird
- Sutro
- Toaster
- Brannan
- Inkwell
- Walden
- Hefe
- Nashville
- 1977
- Lord Kelvin/ Kelvin
Notas