A industria téxtil (do latíntexere; tecer) é o sector industrial da economía que ten como obxectivo a transformación da fibras -naturais ou sintéticas- en fíos, de fíos en tecidos, e de tecidos en pezas de roupa e outros produtos téxtiles.[1]
Malia ser un sector diferente dende o punto de vista técnico, nas estatísticas económicas adóitase incluír á industria do calzado como parte da industria téxtil.[2]
No ano 2012 en España existían 8.238 empresas téxtiles, representando un 6,78% do total da industria.[3]