In the Name of the Father é un filme irlandés, dirixido por Jim Sheridan. O filme baséase na historia real de catro cidadáns falsamente acusados e apreixados polo atentado do IRA nun pub de Guilford, no que morreron catro soldados británicos e un civil. O guión foi adaptado da autobiografía Proved Innocent: The Story of Gerry Conlon of the Guildford Four, de Gerry Conlon.
Sinopse
No Belfast dos anos 70, Gerry (Daniel Day-Lewis) é un moinante que non fai nada de proveito, para desgusto do seu pai Giuseppe (Pete Postlethwaite), un home tranquilo e apoucado. Cando Gerry é ameazado polo IRA por roubar en numerosas ocasións, o seu pai mándao a Inglaterra. Unha vez alí, é acusado de participar nun atentado terrorista e condenado a cadea perpetua xunto cos "catro de Guildford". Tamén o seu pai é arrestado e encarcerado. En prisión, Gerry descobre que a aparente fraxilidade do seu pai agocha en realidade unha gran forza interior. Coa axuda dunha avogada entregada á súa causa (Emma Thompson), Gerry proponse demostrar a súa inocencia, limpar o nome do seu pai e facer pública a verdade sobre un dos máis escandalosos erros legais da historia recente do Reino Unido.
Personaxes
Galardóns e nomeamentos
- 1993: 7 nomeamentos ós Oscar, incluíndo mellor actor (Daniel Day-Lewis), mellor actor secundario (Pete Postlethwaite), mellor actriz secundaria (Emma Thompson), mellor director, mellor montaxe, mellor película e mellor guión adaptado.
- 1993: 4 nomeamentos ó Globo de Ouro: Filme drama, bso, actor drama e actriz secundaria.
- 1993: 2 nomeamentos ós BAFTA: Mellor actor (Daniel Day-Lewis) e guión adaptado.
- 1993: Premios David di Donatello: Mellor filme estranxeiro. 2 nomeamentos.
- 1994: Oso de ouro no Festival internacional de cinema de Berlín en 1994.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
1951–1975 | |
---|
1976–2000 | |
---|
2001–presente | |
---|