Francia tivo posesións coloniais, en varias formas, dende comezos do século XVII ata os anos 60. Entre 1919 e 1939, na súa cúspide, o segundo imperio colonial francés estendíase por máis de 13 500 000 km² de terra. Incluíndo a Francia metropolitana.
O que queda hoxe en día deste grande imperio son centos de illas e arquipélagos localizados no Atlántico norte, no Caribe, no océano Índico, no Pacífico (no sur e no norte) e no Océano Antártico, así como tamén un territorio continental en América do Sur, a Güiana Francesa, que, sumada ó anteriormente mencionado, dá 123.150 km², o que se traduce en só o 1% da área do imperio colonial francés anterior a 1939, con 2 800 000 persoas vivindo neses territorios en 2020. Todas estas gozan de representación política total a nivel nacional, así coma tamén varían os grados de autonomía lexislativa e forman parte da rexión ultraperiférica da Unión Europea.
A maior parte do imperio estivo controlada polas Forzas Coloniais Francesas.