Illas Príncipe

Modelo:Xeografía físicaIllas Príncipe
(tr) Adalar
(tr) Prens Adaları
(tr) İstanbul Adaları
(tr) Kızıl Adalar Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipogrupo de illas
distrito de Turquía Editar o valor en Wikidata
Parte deprovincia de Istambul Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaprovincia de Istambul, Turquía Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°53′N 29°05′L / 40.88, 29.09
Bañado porMar de Mármara Editar o valor en Wikidata
Composto por
Características
Superficie16 km² Editar o valor en Wikidata
Área importante para as aves
Identificadoristanbul-islands-iba-türkiye

Sitio webadalar.gov.tr Editar o valor en Wikidata
Illas Príncipe

As illas Príncipe ou Adalar son un distrito de Istambul, (Turquía) formado por unha cadea de nove illas na costa do Mar de Mármara. A máis grande das illas é Büyükada. Teñen unha poboación total de 14.072 habitantes (2008).

Historia

Durante o período bizantino, príncipes e outros membros da realeza eran exiliados a estas illas, dándolles así o seu nome actual. Durante o século XIX as illas convertéronse nun centro de riqueza para Istambul. Da época vitoriana aínda se conservan casiñas de campo na máis grande das illas Príncipe, Büyükada.

Na actualidade, as illas son un popular destino turístico para unha excursión dun día, vía transbordador, dende Istambul. Os vehículos motorizados están prohibidos na maior parte das illas. Os visitantes exploran as illas a pé, en bicicleta, en carruaxes tiradas por cabalos, ou ao lombo de burros.

Un convento en Büyükada foi o lugar de exilio das emperatrices bizantinas Irene, Eufrosine, Zoe e Ana Dalasena. Lev Trotski pasou así mesmo algún tempo en Büyükada.