A Illa do Bananal é a maior illa fluvial do mundo, con 19.162,25 km² de extensión, cercada polos ríos Araguaia e Javaés. Localízase no estado de Tocantins (Brasil), próximo á fronteira cos estados de Goiás, Mato Grosso e Pará. Localízase entre as latitudes 9°44'S e 12°49'S e entre as lonxitudes 49°52'O e 50°44'O. Abriga ao norte o Parque Nacional do Araguaia e, ao sur, dúas reservas indíxenas: Carajás e Javaés.
Historia
Descuberta o 26 de xullo de 1773 polo sertanista José Pinto Fonseca, recibiu o nome de Santana. Posteriormente, pasouse a chamar Bananal, debido á existencia de extensos bananais silvestres. Esta illa abriga cerca de quince aldeas indíxenas, sendo unha delas a aldeia Kanoanã, fica preto da rexión de Formoso do Araguaia no Tocantins.
Na flora destacan varios xéneros de orquídeas terrestres, a mazaranduba, a piazava e a canxerana. Na vexetación predominan os campos, coñecidos na rexión polo nome de varjões. Aparecen aínda o cerrado, a mata seca de transición, as matas ciliares de igapó, vexetación das encostas secas e vexetación dos bancos de area.
figuriña de cerámica
Clima
Predomina o clima tropical quente semi-húmido con temperaturas máximas de 38 °C nos meses de agosto a setembro e mínimas de 22 °C en xullo. Dúas estacións están nitidamente marcadas na illa, o verán (de novembro a abril) no que predominan as choivas, e o inverno (de maio a outubro) onde ocorre o período da seca. A humidade relativa do ar rexistrada nas estacións mais definidas xira en torno do 60% (xullo) e 80% (épocas chuviosas).
Durante os meses de xaneiro a marzo, época de chea do río Araguaia, parte da illa permanece inundada. As choivas dese período corresponden a cerca de 50% do total anual.