Ian McDiarmid, nado en Carnoustie (Tayside) o 11 de agosto de 1944, é un actor e director escocés de teatro, que tamén fixo aparicións esporádicas no cinema e na televisión.
McDiarmid tivo unha exitosa carreira no teatro, pero en todo o mundo é recoñecido polo seu máis famoso papel como o Emperador Palpatine nos filmes de Star Wars (nas triloxías orixinais e na precuela).
Dende o ano 1976 apareceu en 47 filmes.
Traxectoria
McDiarmid naceu en Carnoustie e converteuse nun afeccionado do teatro á idade de cinco anos, cando o seu pai o levou a ver un acto co nome de Tommy Morgan nun teatro situado en Dundee. No 2004 declarou: "Dalgún xeito fascinoume, e tamén me arrepiaba. Tódalas luces, toda a maquillaxe. Díxenme, 'Non sei o que é isto, pero quéroo'.
Por outra banda, por medo á desaprobación do seu pai, McDiarmid asistiu á Universidade de St Andrews, onde recibiu unha mestría en Psicoloxía. Pouco despois, decidiu seguir unha carreira no teatro e tomou cursos de capacitación en calidade na Royal Scottish Academy of Music and Drama en Glasgow.
En 1968, McDiarmid recibiu unha medalla de ouro polo seu traballo. Este sería o primeiro de moitos recoñecementos que lle deu o teatro pola súa labor. McDiarmid afirmou que se converteu no seu receptor "facendo tódalas tarefas aburridas que tes que facer cando es novo para gaña-la vida."
Agora ten unha exitosa carreira como director de teatro, e dende 1990 até a súa xubilación no 2001 foi director artístico do conxunto Almeida Theatre de Londres en Islington. El e o seu co-director Jonathan Kent reviviron o Almeida e convenceron a moitas estrelas de Hollywood como Kevin Spacey, Ralph Fiennes e Anna Friel a pisar os taboleiros do seu humilde teatro. Gañou o cobizado premio London Evening Standard en 1998 polos seus esforzos.
Star Wars
Aínda que McDiarmid é ante todo un actor de teatro, considérase feliz de traballar en filmes. Despois dunha pequena aparición na película de Dragonslayer, McDiarmid foi elixido por George Lucas para encarnar o Emperador Palpatine en Star Wars: Episode VI - Return of the Jedi. Dezaseis anos despois volveu interpretar o papel dun senador máis novo na precuela das películas de Star Wars. El mesmo atribuíu a oportunidade de repetir o seu papel ó feito de ser moito máis novo que a súa personaxe a primeira vez que facía o papel.
Nas precuelas interpreta dous caracteres distintos e volve crear a súa interpretación diabólica de Palpatine en Star Wars: Episode VI - Return of the Jedi. Se ben lograra anteriormente pouco recoñecemento debido ás extensas próteses empregadas para o papel que o facía irrecoñecible, recibiu ampla atención e aclamación da crítica polo seu papel máis amplo nas precuelas.
Tamén traballou en Star Wars como a voz de Palpatine nos videoxogos: Super Star Wars: The Empire Strikes Back, Super Star Wars: Return of the Jedi, Lego Star Wars The Video Game, Lego Star Wars II: The Original Trilogy, Star Wars Battlefront: Renegade Squadron e Star Wars Battlefront: Elite Squadron.
Filmografía
Cinema
Televisión
Premios