Iago Caamaño Figueira , nado en Culleredo o 4 de abril de 1977 ,[ 1] é un piloto galego de rally , que compite no Campionato de Galicia de Rally .
Foi subcampión galego en 2016 e 2020 , e terceiro en 2017 e 2019 . É fillo do empresario e expiloto José Caamaño , cofundador do Grupo Caamaño .
Traxectoria
Inicios (2005-2015)
Porsche 997 GT3 de Iago Caamaño e Alberto Rodríguez no Rally Rías Baixas de 2015
Comezou competindo en autocross , disputando o campionato galego e proclamándose campión en 2007 a bordo sun Semog , na categoría de Car Cross 600cc.[ 2] En 2010 gañou o Campionato de España de Car Cross.[ 3] [ 4] Ao ano seguinte quedou sexto no seu último ano na especialidade,[ 5] antes de pasarse aos rallys .[ 1]
En 2012 e 2013 disputou varios rallys do Campionato de Galicia e do Campionato de España cun Ford Fiesta R2 , logrando como mellor resultado un 15º posto no Rally Botafumeiro de 2012 .[ 6] Comezou con José Antonio Pintor como copiloto, correndo máis tarde con Nicolás Cernadas e Javier Varela . Empezou 2014 no Rally Concello de Curtis , do Nacional de Terra , onde tivo que abandonar, e a continuación disputou varios rallys do nacional de asfalto, cun décimo posto no Rally do Bierzo como mellor resultado.[ 7] En 2015, cun Porsche 997 GT3 , alternou o nacional co galego,[ 8] logrando mellores resultados como un 5º posto no Rally da Coruña [ 9] ou un 6º no Rally Ourense-Ribeira Sacra .[ 10] Nesa tempada comezou a correr co copiloto Alberto Rodríguez ao seu carón, co que continúa a día de hoxe.
Subcampión de Galicia (2016-actualidade)
Iago Caamaño e Alberto Rodríguez no Rally Eurocidade Tui-Valença de 2016
Disputou a tempada 2016 do campionato galego cun Ford Fiesta R5 e comezou logrando o seu primeiro podio na primeira proba, o Rally de Noia , cun terceiro posto, por detrás de Iván Ares e Alberto Meira .[ 11] A continuación conseguiu tres segundos postos consecutivos nos tres seguintes rallys (Cocido , Eurocidade Tui-Valença e Cidade de Narón ). Na seguinte proba, o Rally Sur do Condado , tivo que abandonar ao sufrir unha saída de pista no terceiro treito, en Ponteareas .[ 12] Volveu ao podio nas dúas seguintes citas, o Rally San Froilán (3º) e o Rally Ourense-Ribeira Sacra (2º). Co anuncio da anulación do Rally da Coruña , Alberto Meira gañou matematicamente o título, polo que Caamaño decidiu non participar xa na restante proba, o Rally Comarca da Ulloa , finalizando deste xeito a tempada como subcampión.[ 13] Ademais do galego, competiu tamén ese ano en dous rallys do nacional, o Rally de Ferrol e o Rally Princesa de Asturias , rematando en 6º e 11ª posición respectivamente.[ 14] [ 15]
Accidente de Iago Caamaño no Rally Sur do Condado de 2016 Na tempada 2017 mantivo unha gran regularidade durante toda a competición e non baixou do podio en ningunha das seis primeiras carreiras: segundo na Coruña , Narón , Sur do Condado e Ourense-Ribeira Sacra e terceiro no Cocido e en Noia . No penúltimo rally da tempada, o San Froilán , quedou en cuarta posición, colocándose terceiro nunha axustada clasificación xeral do campionato, a 77 puntos de Alberto Meira (2º) e a 131 do líder, Víctor Senra . Con todo, o Rally Comarca da Ulloa , última proba do calendario, foi suspendido, polo que as posicións xa non se moveron.[ 16] Tamén participou no Rally Villa de Llanes , do nacional , acabando en oitava posición.[ 17]
Ford Fiesta R5 de Iago Caamaño no Rally San Froilán de 2017
No primeiro rally da tempada 2018 , o Rally da Coruña , non puido asistir o seu copiloto habitual, Alberto Rodríguez , polo que acudiu con Antonio Solórzano . Aínda que chegou a liderar brevemente a proba rematou finalmente en terceira posición, por detrás de Iván Ares e Víctor Senra .[ 18] A mediados de marzo disputou o Rally do Cocido , proba do Campionato de España , onde mantivo unha loita pola segunda praza co cinco veces campión de España, Miguel Fuster , pero a rotura do radiador do seu Ford Fiesta fíxoo abandonar a competición.[ 19] A mediados de abril correu o Rally de Noia , que se converteu nun man a man baixo a chuvia entre Caamaño e Víctor Senra, sendo a vitoria finalmente para Caamaño que deste xeito logrou subir por primeira vez ao máis alto do podio nun rally.[ 20] Ademais colocouse líder do campionato.[ 21] Disputou a continuación o Rally Rías Baixas , onde unha picada de roda o relegou á 18ª posición final, a pesar de marcar o mellor tempo en seis dos sete treitos disputados.[ 22] Volveu ao podio en Narón , na cuarta proba do calendario galego, quedando segundo a pouco máis dun segundo do vencedor, Víctor Senra.[ 23] Chegou ao Sur do Condado empatado a puntos con Senra no liderado do campionato, pero unha saída de pista impediulle rematar a carreira, que foi gañada por Alberto Meira e con Senra segundo.[ 24] Subiu ao podio nas dúas seguintes citas, o Botafumeiro (3º)[ 25] e o Ourense-Ribeira Sacra (2º),[ 26] mentres que tanto el como Meira tiveron que abandonar no Rally San Froilán , asegurándose así matematicamente Víctor Senra o seu segundo título autonómico a falta do Comarca da Ulloa ,[ 27] ó que xa non acudiron nin el nin Caamaño.[ 28] Rematou a tempada en cuarta posición.
Celebración de RMC Motorsport no Rally Botafumeiro de 2018 , con Víctor Senra , David Vázquez , Iago Caamaño e Alberto Rodríguez
No Rally da Coruña de 2019 , primeira proba da tempada , rematou en terceira posición por detrás de Iván Ares e Víctor Senra , mentres que unha avaría mecánica deixouno fóra no Rally de Noia .[ 29] No Rías Baixas quedou en cuarta posición, a máis dun minuto de Senra, vencedor da proba.[ 30] En xuño disputou o Rally Cidade de Narón , onde a pesar de comezar en terceira posición, conseguiu subir rapidamente á primeira, da que xa non se moveu até a meta. Esta vitoria produciuse 30 anos despois de que seu pai, José Caamaño , lograse subir tamén ao máis alto do podio na segunda edición do rally.[ 31] No Rally Sur do Condado perdeu unha roda e tivo que abandonar este rally por terceira vez.[ 32] Comezou liderando o Rally Botafumeiro , pero Víctor Senra non tardou en quitarlle o primeiro posto e gañar por sétima vez a proba santiaguesa, con Caamaño segundo.[ 33] Sufriu outros dous abandonos nas seguintes carreiras: no Rally Ourense-Lugo-Ribeira Sacra saíu da estrada no último tramo, cando ía terceiro.,[ 34] mentres que no San Froilán quedou fóra por problemas mecánicos,[ 35] perdendo as opcións para o subcampionato.[ 36] Con todo, conseguiu o triunfo no 1º Rally Mariña Lucense , onde correu cun Volkswagen Polo R5 propiedade de AR Vidal,[ 37] e rematou en terceira posición o campionato.[ 38] Tamén en 2019 disputou varias probas fóra de Galicia como o Rallysprint de La Mencía , onde quedou 2º,[ 39] o Rally Sierra Morena , do Campionato de España , quedando 6º,[ 40] o Rally Cangas del Narcea , do campionato asturiano (3º)[ 41] ou o Rally Ribamontán al Mar-1000 Cruces , do campionato cántabro (2º).[ 42] Nos dous últimos utilizou o seu novo Ford Fiesta R5 MkII , que mercou ao campión de España Luis Monzón para disputar a seguinte tempada.
A principios de febreiro de 2020 disputou o 27º Rally do Bierzo , onde volveu subir ao podio, por detrás de Surhayen Pernía e Félix Macías .[ 43] Tres semanas despois arrancou a tempada 2020 do campionato galego, coa celebración do 24º Rally da Coruña . Víctor Senra comezou dominando na sesión matinal por diante de Caamaño,[ 44] pero xa na tarde Caamaño marcou o mellor tempo nos treitos 4 e 5 recortando diferenzas, e colocouse líder tras a disputa do sexto treito, con 19 segundos de vantaxe sobre Senra, aproveitando os problemas mecánicos deste.[ 45] Con todo, Senra solucionou os seus problemas e comezou a recortar distancia con Caamaño, poñéndose a 12 segundos a falta do último treito.[ 46] Finalmente o piloto de Dumbría foi capaz de culminar a remontada e vencer a Caamaño nun final moi axustado, por só 159 milésimas.[ 47]
Palmarés
Resultados do Campionato de Galicia
Resultados do Campionato de España
Resultados do Campionato de España de Rally de Terra
Resultados do Campionato do Mundo
Notas
↑ 1,0 1,1 "Ficha en Revista Safetycar" . www.revistasafetycar.com (en castelán ) . Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2020. Consultado o 28 de febreiro de 2020 .
↑ "Anuario Autocross FGA 2020" (PDF) . Federación Galega de Automobilismo . Consultado o 2 de marzo de 2020 .
↑ "Anuario RFEDA 2010" (PDF) . Real Federación Española de Automobilismo (en castelán ) . Consultado o 2 de marzo de 2020 .
↑ "La Real Federación Española de Automovilismo celebró su Gala de Campeones" (en castelán ) . 17 de decembro de 2010. Consultado o 2 de marzo de 2020 .
↑ "Anuario RFEDA 2011" (PDF) . Real Federación Española de Automobilismo (en castelán ) . Consultado o 2 de marzo de 2020 .
↑ "Clasificación Rally Botafumeiro de 2012" . EWRC (en inglés ) . Consultado o 2 de marzo de 2020 .
↑ "Clasificación Rally do Bierzo de 2014" . ewrc-results.com (en inglés ) . Consultado o 2 de marzo de 2020 .
↑ "Iago Caamaño: "Este va a ser un año de transición y de aprendizaje" " (en castelán ) . 3 de marzo de 2015. Consultado o 2 de marzo de 2020 .
↑ "Clasificación Rally da Coruña de 2015" . ewrc-results.com (en inglés ) . Consultado o 2 de marzo de 2020 .
↑ "Clasificación Rally Ourense-Ribeira Sacra de 2015" . ewrc-results.com (en inglés ) . Consultado o 2 de marzo de 2020 .
↑ Hermida Cachalvite, Andrés (9 de abril de 2016). "Iván Ares inicia el Campeonato gallego de rallys con un triunfo en Noia" . La Región (en castelán ) . Consultado o 2 de marzo de 2020 .
↑ Hermida Cachalvite, Andrés (10 de xullo de 2016). "Alberto Meira logra la victoria en el Rally Sur do Condado" . La Región (en castelán ) . Consultado o 2 de marzo de 2020 .
↑ "Iago Caamaño no estará en la Ulloa" (en castelán ) . 17 de novembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2020. Consultado o 2 de marzo de 2020 .
↑ "47 Rallye de Ferrol" . www.atodomotor.com . Consultado o 2 de marzo de 2020 .
↑ "El Rallye Princesa de Asturias 2016 no defraudó a nadie, tampoco a RMC Motorsport" (en castelán ) . 14 de setembro de 2016. Consultado o 2 de marzo de 2020 .
↑ "El Rally Comarca da Ulloa, suspendido" . La Región (en castelán ) . 7 de decembro de 2017. Consultado o 2 de marzo de 2020 .
↑ "Iván Ares impone su ley en el Rally de Llanes" . La Región (en castelán ) . 1 de outubro de 2017. Consultado o 2 de marzo de 2020 .
↑ "Ivan Ares y José Pintor, ganadores de la 22ª edición del Rally de A Coruña" (en castelán ) . 24 de febreiro de 2018. Consultado o 2 de marzo de 2020 .
↑ "Rallye do Cocido 2018: Iván Ares comienza la temporada ganando en Lalín" (en castelán ) . 18 de marzo de 2018. Consultado o 2 de marzo de 2020 .
↑ "Iago Caamaño impuso su ley en Noia" . La Voz de Galicia (en castelán ) . 16 de abril de 2018. Consultado o 2 de marzo de 2020 .
↑ Otero, Rubén (16 de abril de 2018). "Iago Caamaño estrena su casillero en Noia y ya es líder del campeonato" (en castelán ) . Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2020. Consultado o 2 de marzo de 2020 .
↑ "Manuel Fernández, ganador del Rías Baixas" (en castelán ) . 12 de maio de 2018. Consultado o 2 de marzo de 2020 .
↑ "Vitoria axustada de Víctor Senra no Rally de Narón" . TVG . 23 de xuño de 2018. Consultado o 2 de marzo de 2020 .
↑ Hermida Cachalvite, Andrés (8 de xullo de 2018). "Meira gana un Rally Sur do Condado teñido de luto" . La Región (en castelán ) . Consultado o 2 de marzo de 2020 .
↑ "Grave accidente de dos participantes en uno de los tramos del rally" . Faro de Vigo (en castelán ) . 26 de agosto de 2018. Consultado o 2 de marzo de 2020 .
↑ "Víctor Senra ratifica su liderato en tierras ourensanas" . La Voz de Galicia (en castelán ) . 22 de setembro de 2018. Consultado o 2 de marzo de 2020 .
↑ "Víctor Senra, campeón gallego de ralis" . La Voz de Galicia (en castelán ) . 16 de novembro de 2018. Consultado o 2 de marzo de 2020 .
↑ "El Comarca da Ulloa despide el Gallego con las copas en juego" (en castelán ) . 16 de novembro de 2018. Consultado o 2 de marzo de 2020 .
↑ "Víctor Senra y Moncho López logran la victoria en el XXXV Rali de Noia 2019" (en castelán ) . 6 de abril de 2019. Consultado o 2 de marzo de 2020 .
↑ Hermida Cachalvite, Andrés (19 de maio de 2019). "Senra se lleva el Rías Baixas" . La Región (en castelán ) . Consultado o 2 de marzo de 2020 .
↑ Valencia, José (16 de xuño de 2019). "Iago Caamaño revive el triunfo de su padre en Narón 30 años después" . La Voz de Galicia (en castelán ) . Consultado o 2 de marzo de 2020 .
↑ "Víctor Senra gana el rali Sur do Condado en un final épico" . La Voz de Galicia (en castelán ) . 13 de xullo de 2019. Consultado o 24 de febreiro de 2020 .
↑ "Víctor Senra gana el Rali Botafumeiro" . La Voz de Galicia (en castelán ) . 10 de agosto de 2019. Consultado o 25 de febreiro de 2020 .
↑ "Victoria y título para Víctor Senra en el Rally Ribeira Sacra" . La Región (en castelán ) . 21 de setembro de 2019. Consultado o 25 de febreiro de 2020 .
↑ "Alberto Meira domina en el Rallye San Froilán" . El Progreso (en castelán ) . 26 de outubro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020 .
↑ "Alberto Meira se impone en el San Froilán y zanja a su favor el subcampeonato" (en castelán ) . 29 de outubro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2020. Consultado o 28 de febreiro de 2020 .
↑ "Iago Caamaño con un Polo R5 en el Rally Mariña Lucense 2019" (en castelán ) . 13 de novembro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020 .
↑ "Iago Caamaño se impone en el Rallye da Mariña tras una gran remontada" . El Progreso (en castelán ) . 16 de novembro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020 .
↑ "Félix Macías se lleva el Rallysprint de la Mencía" (en castelán ) . 23 de febreiro de 2019. Consultado o 2 de marzo de 2020 .
↑ "Iago Caamaño y Daniel Marbán, quinto y sexto en Sierra Morena" (en castelán ) . 27 de marzo de 2019. Consultado o 2 de marzo de 2020 .
↑ "Ordóñez vence en Cangas y Mora gana el Regional" (en castelán ) . 8 de decembro de 2019. Consultado o 3 de marzo de 2020 .
↑ "Pablo Fernández se impuso en el XV Rally Ribamontán al Mar" (en castelán ) . 28 de decembro de 2019. Consultado o 3 de marzo de 2020 .
↑ "Ponferrada corona a Surhayen Pernía y Laura Salvo como campeones del Rallye del Bierzo 2020" (en castelán ) . 8 de febreiro de 2020. Consultado o 3 de marzo de 2020 .
↑ "Víctor Senra lidera el Rally de A Coruña tras la primera sección" (en castelán ) . 29 de febreiro de 2020. Consultado o 29 de febreiro de 2020 .
↑ "Tempos tras a segunda pasada" (PDF) . TemposFGA . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de febreiro de 2020. Consultado o 29 de febreiro de 2020 .
↑ "¡Por solo una décima! Víctor Senra gana el Rali de A Coruña por un suspiro después de 90 kilómetros cronometrados" . La Voz de Galicia (en castelán ) . 29 de febreiro de 2020. Consultado o 29 de febreiro de 2020 .
↑ Gómez Cundíns, Pablo (29 de febreiro de 2020). "Víctor Senra se lleva el rali de A Coruña por una décima de segundo" . La Voz de Galicia (en castelán ) . Consultado o 29 de febreiro de 2020 .
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas