Algunhas destas ras son verdes, aínda que existe unha gran diversidade na súa pigmentación.
Xeralmente aliméntanse de insectos, pero algunhas cazan pequenos vertebrados; outras, como as do xénero Cyclorana, entérranse na lama e pasan boa parte da súa vida baixo terra.[1]
Características
O dos hílidos constitúen un grupo de ras moi amplo e de grande éxito, que están presentes en gran parte do mundo tropical e temperado, agás en parte do SE asiático e na maior parte de África.
As tres especies europeas son membro típicos do xénero Hyla que, porén, é un grupo tipicamente americano. Son ras pequenas, repoludas, de pel lisa, con ollos coa pupila horizontal, patas longas e discos adhesivos na punta dos dedos, que se alimentan principalmente de insectos voadores que capturan con gran axilidade.
A reprodución ten lugar na noite, en pozas, lagoas ou en pequenos ríos de curso lento. Os machos desenvolven pequenas calosidades nupciais nos polgares, e abrazan ás femias nun amplexo axilar. Os ovos son depositados en paquetes flotantes, do tamaño dunha noz, que conteñen de 800 a 1 000 ovos. Os cágados, que tenden a seren solitarios, teñen unha profunda aleta caudal que se estende cara a diante até o dorso, e nadan con movementos rápidos similares aos dun peixe.[2][3]
Clasificación
A familia dividíase tradicionalmente en tres subfamilias, con 46 xéneros.[4]
Tres das anteriores subfamilias seguen incluídas en Hylidae, aínda que dúas delas considéranse agora como unha soa porque son monofiléticas.
A subfamilia Hylinae divídese, segundo certos autores, en catro tribos.[5]
↑Frost, Darrel R. (2008): Amphibian Species of the World: an Online Reference. Version 5.2. Electronic Database (accesíbel en Amphibia American Museum of Natural History, New York, USA).
↑ 5,05,1Faivovich, Julián et. al. (2005): "Systematic review of the frog familiy Hylidae, with special reference to Hylinae: phylogenetic analysis and taxonomic revisio", in Bulletin of the American Museum of Natural History, 294 (1): 1–240. Resume
Andrada, J. (1980): Guía de campo de los anfibios y reptiles de la península Ibérica. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-0589-2.
Arnold, E. N. & J. A. Burron (1978): Guía de campo de los reptiles y anfibios de España y Europa. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-0488-8.
Zweifel, Robert G. (1998): in Cogger, H. G. & R. G. Zweifel (eds.) Encyclopedia of Reptiles and Amphibians. San Diego: Academic Press. ISBN 0-12-178560-2.