A palabra Hyla provén do grego antigo ὕλη hýlē, 'bosque', 'árbore', xa que estas ras son verdadeiramente arborícolas.
Laurenti, que cuñou o xénero en 1768, tomou o nome de Hilas (en grego Ύλας Hylas), un personaxe da mitoloxía grega. Hilas era un compañeiro de Heracles (Hércules) e, despois de que aquel desaparecera e da súa busca inútil, Hércules erixiu un santuario, cuxo sacerdote o chamaba: "Hyla!, Hyla!, Hyla!" (así, en vocativo). Segundo Laurenti Hyla (agora en feminino) era o nome propio da sacerdotisa.[2][3]
Aínda que foron descritas máis de 300 especies dentro deste xénero, tras unha revisión xenética da familia feita por Julian Faivovich e outros en 2005, a maioría das especies foron clasificadas noutros xéneros, polo que actualmente Hyla só comprende un total de 33 especies.[4]
Especies
As especies relacionadas a continuación son as que seguen considerándose parte do xénero Hyla:
As outras especies foron reclasificadas, de maneira que se "resucitaron" catro xéneros que foran relegados á sinonimia de Hyla.
Por exemplo, o xénero Dendropsophus, que inclúe 90 especies que se caracterizan por teren 30 cromosomas: así, a antiga Hyla acreana é Dendropsophus acreanus, ou Hyla labialis (foto) é Dendropsophus labialis.
As antigas Hyla albofrenata, H. albosignata, H. albomarginata, foron incluídas en Aplastodiscus.
Novos nomes xenéricos propuxéronse para os grupos de Hyla aromatica, H. bromeliacia, H. godmani, H. mixomaculata, H. taeniopus e H. tuberculosa, e para os clados compostos polos grupos de H. pictipes e H. pseudopuma, e polos grupos de H. circumdata, H. claresignata, H. martinsi e H. pseudopseudis.[4]
↑Myers, Charles W. & Richard B. Stothers (2006): "The myth of Hylas revisited: the frog name Hyla and other commentary on Specimen medicum (1768) of J. N. Laurenti, the "father of herpetology"". Archives of Natural History, 33: 241–266.
↑Laurenti, Joseph N. (1768): Specimen medicum, exhibens synopsin reptilium emendatam cum experimentis circa venena et antidota reptilium austriacorum. Vienna: Joan. Thom., pp.1-217. Texto íntegro(en latín).
↑ 4,04,1Faivovich, J., C. F. B. Haddad, P. C. A. García, D. R. Frost, J. A. Campbell e W. C. Wheeler (2005): "Systematic Review of the Frog Family Hylidae, with Special Reference to Hylinae: Phylogenetic Analysis and Taxonomic Revision". Bulletin of the American Museum of Natural History, 294, pp. 1-240. en inglésResumo
↑Grach, C., Plesser, Y. & Y. L. Werner (2007): A new, sibling, tree frog from Jerusalem (Amphibia: Anura: Hylidae). Journal of Natural History, 41 (9-12): pp. 709-728.
↑Stöck, M., S. Dubey, C. Klütsch, S. N. Litvinchuk, U. Scheidt & N. Perrin (2008): "Mitochondrial and nuclear phylogeny of circum-Mediterranean tree frogs from the Hyla arborea group", Mol. Phyl. Evol., 49, pp. 1019-1024.
Frost, Darrel R. 2007. Amphibian Species of the World: an Online Reference. Versión 5.1 (10 de outubro de 2007). Hyla. Electronic Database. Accesíbel en Anophibia American Museum of Natural History, Nova York, USA.