Posúe unha traxectoria de 19 tempadas en Primeira División, e 40 en Segunda. O seu maior logro en liga foi un 5º posto en Primeira, na tempada 1974-75, onde tras empatar a puntos co 4º clasificado, non disputou a Copa da UEFA pola diferenza de goles. En 1936 alcanzou a semifinal do Trofeo Presidente da II República, sendo ata a data o seu maior logro neste torneo.
O fundador do club inspirouse nos valores que representaba o heroe da mitoloxía gregaHércules para darlle nome ao club. O seu berro de guerra é Macho Hércules, e o seu xentilicio é herculano. O Elche Club de Fútbol é o seu rival histórico por excelencia, onde ambos os clubs manteñen dita rivalidade desde os seus inicios.
No verán do 2010, dentro dunha investigación xudicial, apareceron indicios de que o seu principal accionista, Enrique Ortiz, en conivencia co capitán, Tote, e o segundo capitán, Abraham Paz, realizou ofertas para comprar as derrotas voluntarias do Salamanca, o Córdoba, o Girona e o Recreativo. Tote tería mediado tamén no intento de pagar primas pola vitoria aos equipos que se enfrontaban aos rivais do Hércules polo ascenso a Primeira División.[1]
Uniforme
Uniforme titular: Camiseta a franxas verticais azuis e brancas, pantalón negro e medias azuis.
Uniforme alternativo: Camiseta a franxas verticais negras e vermellos, pantalón negro e medias vermellas.
O Hércules xoga os seus partidos como local no Estadio José Rico Pérez. O estadio inaugurouse en 1974 cun partido ante o FC Barcelona (0-4) e que substituíu o antigo Campo La Viña. Ten capacidade para 30.000 persoas.
Actualmente é compartido co Alicante Club de Fútbol, que paga un alugueiro ó club herculano, que é o propietario.
Os xogadores con dorsais superiores ao 25 son, para todos os efectos, xogadores do Hércules B e como talles, poderán compaxinar partidos co primeiro e segundo equipo. Como esixen as normas da LFP, os xogadores do primeiro persoal deberán levar os dorsais do 1 ao 25. Do 26 en diante serán xogadores do equipo filial.