Naceu nunha familia de agricultures pobres de Chaona[1], na actual provincia de Gansu. Sufriu apoplexía e decidiu estudar medicina. Entre 256 e 260, cara á fin do estado de Cao Wei, compilou un tratado de acupunturaZhenjiu jiayi jing, unha obra en 12 volumes[2] divididos en 128 capítulos e que incorporaba as partes máis importantes dos considerados tres clásicos da época, Huangdi Neijing, Zhenjing e Mintang Kongxue Zhenjiu Zhijao[3], converténdose un dos primeiros traballos sistemáticos sobre acupuntura e moxibustión, e tamén un dos máis influentes[4]. Compilou tamén diversos tratados sobre fórmulas médicas [5] Para alén das súas obras médicas tamén compilou dez libros nunha serie denominada Diwang shiji no que recolle fragmentos históricos dunha multitude de fontes, e no que traza a orixe de varias casas reinantes ao pasado remoto; escribiu ademais biografías de personalidades eminentes que agrupou en Gaoshi zhuan, un dos primeiros exemplos de biografía colectiva.[6] En Shiquan lun filosofa sobre a obriga moral de servir nun posto, en particular se o gobernante é un tirano.
Notas
↑Li Yaming 李亞明 (1996), "Huangfu Mi 皇甫謐" in Feng Kezheng 馮克正, Fu Qingsheng 傅慶升 (ed.), Zhuzi baijia da cidian 諸子百家大辭典 (Shenyang: Liaoning renmin chubanshe), p. 77.
↑Orixinalmente eran 10 mais posteriormente reordenouse en 12: "Huangfu Mi" en chinaculture.org
↑Hong Wuli (2008) "Huangfu Mi" in Encyclopaedia of the History of Science, Technology, and Medicine in Non-Western Cultures Springer pp 1081-1081
↑Cheng Xinnong Chinese Acupuncture and Moxibustion, 1987
↑Miranda Brown (2015)The Art of Medicine in Early China: The Ancient and Medieval Origins of a Modern Archive Cambridge University Press, p. 135
↑Wendy Swartz, Robert Campany, Yang Lu, Jessey Choo (2013) Early Medieval China: A Sourcebook Columbia University Press, 2013, p. 334