Hotel Ruanda (en inglés: Hotel Rwanda) é un filme dirixido Terry George baseado no xenocidio de Ruanda, centrándose no que fixo Paul Rusesabagina. Estreouse en galego na TVG o 27 de abril de 2008.[1] A película foi nomeada para varios premios, entre eles o Óscar ao mellor actor (Don Cheadle), Óscar á mellor actriz secundaria (Sophie Okonedo) e Óscar ao mellor guión orixinal.
Sinopse
Pouco despois de que os hutus e tutsis asinasen un acordo de paz no Hotel Des Mille Collines en Kigali, hotel que rexenta Paul Rusesabagina (Don Cheadle) e que é propiedade duns empresarios belgas, os soldados hutus comezan a instigar os seus para que erradiquen os tutsis.
Paul Rusesabagina é hutu, mais a súa muller Tatiana (Sophie Okonedo) é tutsi, como moito dos seus veciños, e vainos intentar salvar meténdoos no hotel do que é encargado.
Tralo asasinato do presidente ruandés, comezan as matanzas indiscriminadas de tutsis a mans dos soldados e cidadáns hutus. Mediante subornos, Paul logrará asegurar máis dun millar de tutsis no hotel, esperando a que chegue axuda internacional, mais só contará coa axuda do coronel Oliver (Nick Nolte). A única intervención internacional que existiu foi para evacuar persoas que tiñan nacionalidade europea.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas