Hermes Francisco Varela Álvarez de Toledo, nado en Viveiro cara a 1921 e finado no mesmo concello o 9 de xuño de 1988,[1] foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Na guerra civil foi voluntario na Centuria Pedrosa da Primera Bandera de Castilla e rematou como alférez provisional. Militante de FET y de las JONS, foi letrado sindical. Concelleiro en Viveiro e primeiro tenente alcalde, foi nomeado alcalde de Viveiro en febreiro de 1964,[2] tomando posesión o 3 de marzo. Permaneceu no cargo ata o 27 de setembro de 1967. Foi presidente da asemblea local da Cruz Vermella.
Vida persoal
Casou con Mercedes Cao Enríquez e foi pai de Sara Varela Cao.
Notas
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 10-6-1988, p. 72.
- ↑ El Progreso, 28-2-1964, p. 7.