A herba dos bofes ou pulmonaria (Pulmonaria officinalis) é unha planta herbácea perenne da familia das boraxináceas (Boraginaceae), de follas pecioladas e flores en acios. Atópase nos claros dos bosques, nas zonas avesías. Utilízase en forma de infusión para o tratamento da tose, bronquite e dores de gorxa e afonía, ademais ten poder antiinflamatorio xa que contén salicina.
O nome botánicoPulmonaria deriva do latín pulmo. Nos tempos da maxia simpatética, as follas ovais manchadas de P. officinalis representaban a enfermidades simbólicas, pulmóns ulcerados, e por iso utilízase para tratar infeccións pulmonares. En moitos idiomas o seu nome común está asociado ao pulmón, como no galego: herba dos bofes (pulmóns dos animais), no inglés "lungwort", e no alemán "lungenkraut". Noutras linguas da Europa do Leste, o nome común deriva dunha palabra para mel, por exemplo en ruso "medunitza" ou en polonés "miodunka".
Distribución e hábitat
Espállase polo centro e occidente de Europa en zonas húmidas de cavorcos, abas, bosques de ribeira, noiros de camiños, terreos hermos e en bosques. Na Península Ibérica está amplamente espallada por todo o territorio en zonas húmidas até os altos vales dos Pireneos e doutras montañas
As partes aéreas da planta en floración apáñanse con fins medicinais (sumidades floridas e follas) cortándoas un pouco por riba do nivel do chan e se enxugan a unha temperatura non superior aos 45 °C.
Úsase en forma de infusión para o tratamento da tose, tose ferina, bronquite e as dores de gorxa e rouquén. Ademais é sudorífica, antiinflamatoria e diurética. A decocción ao 10 % emprégase coma desinfectante, emoliente e antiinflamatoria de feridas.
O cocemento dun bo feixe da planta deixando que ferva un cuarto de hora, tómase en catro cuncas ao día para facilitar a expectoración e fluidificar os esgarros.
Tamén se recomenda nas diarreas, hemorroides e afeccións da vexiga urinaria.
Historia
Esta planta, como outras que medran no Centro e Occidente de Europa, non figuran nos escritos da antigüidade. A primeira noticia sobre ela dáa Mattioli na súa obra na edición de 1548.
Taxonomía
Pulmonaria longifolia foi descrita por (Bastard) Boreau e publicada en Fl. Centre France, ed. 3 [Boreau] 2: 460. 1857[2]
Citoloxía
Número de cromosomas de Pulmonaria longifolia (Fam. Boraginaceae) e taxóns infraespecíficos: 2n=14[3]
Etimoloxía
Pulmonaria; nome xenérico que deriva do latínpulmo. Nos tempos da maxia simpática, as follas ovais manchadas de P. officinalis representaban a enfermidades simbólicas, pulmóns ulcerados e, polo tanto, utilizábase para tratar infeccións pulmonares. En moitos idiomas o seu nome común está asociado ao pulmón, como en inglés "lungwort", en alemán "lungenkraut", ou en galego "herba dous bofos" (pulmóns dos animais). Noutras linguas da Europa do Leste, o nome común deriva dunha palabra para mel, e.x. en ruso "medunitza" e en polaco "miodunka".