Heraldo Orensano foi un periódico editado en Ourense entre 1929 e 1930.
Historia e características
Apareceu o 15 de abril de 1929. Semanario informativo que aparecía os luns fundado e dirixido por José Fernández Gallego. Entre os seus colaboradores figuraron Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Ricardo Outeiriño, Emilio Canda Adán, Xosé Ramón Fernández-Oxea, Noriega Varela, Leuter González Salgado, Emilio Amor Rolán, José Almoina e José Alonso Obregón (que asinaba co pseudónimo O Fidalgo de Monterrey). Cesou a súa publicación o 13 de outubro de 1930. Foi substituído por Heraldo de Galicia.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas