Dende había moito tempo desexaba subir ó Mont Blanc, polo Henriette d'Angeville mandou confeccionar roupa especial para atinxir o seu fin. Segundo as súas propias palabras, je suis la fiancée du Maudit!, "son a noiva do Maldito" (pois o Mont Maudit é unha pasaxe case que obrigatoria para atinxir o Mont Blanc).
Acompañada por seis guías de montaña atinxe a cima o 3 de setembro de 1838, feito que é debidamente apreciado polos chamoniards (habitantes de Chamonix) que non consideraban que Marie Paradis fixera alpinismo realmente pois fora "tirada, arrastrada e levada" até á cima.
Henriette d'Angeville fixo alpinismo durante 25 anos e rematou coa subida do Oldenhorn en Les Diablerets nos Alpes Berneses.