Era xordo e coñecido como “o mudo de Kampen". Estudou na súa cidade natal co pintor Pieter Hendrick (1569-1625). Foi un dos primeiros pintores paisaxísticos da escola holandesa do século XVII, especializándose nas paisaxes invernais do seu país. As obras de Avercamp están cheas de colorido e vivacidade, cunha atenta colocación das personaxes na escena.
O traballo de Avercamp gozou de gran popularidade e vendendo moitas das súas obras, en boa parte realizadas á acuarela. A mesma raíña Isabel II de Inglaterra tivo unha excepcional colección das súas pinturas no castelo de Windsor.