Harry Church Oberholser, nado o 25 de xuño de 1870 en Brooklin, Nova York, e finado o 25 de decembro de 1963 en Cleveland, Ohio, foi un ornitólogo estadounidense.
Traxectoria
Harry Oberholser naceu o 25 de xuño de 1870, en Brooklyn, Nova York. Asistiu á Universidade de Columbia e obtivo en 1914 títulos na George Washington University. Casou con Mary Forrest Smith o 30 de xuño de 1914. Oberholser recibiu o doutoramento en 1916.[1]
Desde 1895 a 1941, foi empregado do United States Bureau of Biological Survey (Oficina de Investigación Biolóxica dos Estados Unidos) (máis tarde United States Fish and Wildlife Service (Servizo de Peixes e Vida Silvestre dos Estados Unidos) como ornitólogo, biólogo e editor.[1]
En 1941 foi nomeado conservador de ornitoloxía no Museo de Historia Natural de Cleveland.[1]
Oberholser foi o autor de varios libros e artigos. Morreu o 25 de decembro de 1963.[1]
Obras
Taxons descritos
A Oberholser débense as primeiras descricións de once familias e subfamilias na clasificación biolóxica, así como 99 xéneros e subxéneros, e 560 especies e subespecies.
Algúns xéneros descritos por Oberholser
- Actophilornis, 1925
- Aerodramus, 1906
- Aphelocephala, 1899
- Aphrastura, 1899
- Calyptocichla, 1905
- Charitospiza, 1905
- Claravis, 1899
- Cyanerpes, 1899
- Horizorhinus, 1899
- Neochen, 1918
- Nesillas, 1899
- Perissocephalus, 1899
- Scelorchilus, 1923
- Sclateria, 1899
- Streptoprocne, 1906
- Thescelocichla, 1905
- Thryorchilus, 1904
Algunhas especies descritas por Oberholser
Epónimo
Empidonax oberholseri, un paseriforme da familia dos tiránidos, foi nomeado na súa honra.[1]
Abreviatura
A abreviatura Oberholser emprégase para recoñecer a Harry Church Oberholser como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Handbook of Texas: Bibliography: Austin American-Statesman, 29 de setembro de 1974. Who's Who in America, pp. 1948–1949.[1]
- John W. Audrich (1968): "In memorian: Harry Church Oberholser", The Auk, 85: 25–29.[2]
- Harry Church Oberholser: Autobiography[3]
- Bo Beolens & Michael Watkins (2004): Whose Bird?: Common Bird Names and the People They Commemorate, Yale University Press. ISBN 978-0-3001-0359-5, p. 256.
- ↑ Online Edition Handbook of Texas.
- ↑ Online Edition Auk PDF.
- ↑ Online Autobiography