O seu corpus de escritura existente é moi pequeno e é lembrada pola súa grande influencia en John Stuart Mill do que se considera posíbel coautora de parte da súa obra.
Obra
Con excepción dalgúns artigos publicados no xornal inglés Monthly Repository, Taylor publicou poucas obras asinadas por ela ao longo da súa vida. Non obstante, leu e comentou todo o material producido por John Stuart Mill (que, na súa autobiografía, afirmou que Harriet era a coautora de moitos libros e artigos que foron publicados baixo o seu nome, engadindo que "cando dúas persoas teñen en común os seus pensamentos e especulacións, é de pouca importancia, en relación á cuestión da orixinalidade, quen deles ten a pluma").[1]
Tamén escribiron xuntos Early Essays on Marriage and Divorce en 1832[2]
Unha carta escrita por Mill a partir de 1854 suxire que Taylor foi refractaria a ser descrita como a coautora dos seus libros e artigos pola posíbel resposta a un texto filosófico que fose publicado só baixo o nome de Mill en comparación co feito de que fose publicado baixo o nome de ambos os dous autores.
Mill adoitaba referirse a ela como unha contribuínte moi valiosa para gran parte do seu traballo, especialmente no libro titulado On Liberty, un libro que estaría dedicado a Taylor cando foi publicado en 1859, un ano máis tarde da morte de Harriet.
Notas
↑Stanford Encyclopedia of Philosophy (ed.). "Harriet Taylor Mill"(en inglés). Consultado o xaneiro de 2015.
Rossi, Alice S. (1970). Sentiment and Intellect: The Story of John Stuart Mill and Harriet Taylor Mill, en Rossi, Alice S. (Ed), Essays on Sex Equality. The University of Chicago Press.