Happy Wheels é un videoxogo baseado en física ragdoll a través de navegador web desenvolvido e publicado por Fancy Force. Creado polo deseñador de videoxogos Jim Bonacci no 2010, o xogo dispón de varias personaxes dispoñibles, que de moitos xeitos, ás veces atípicos, teñen que atravesar os diferentes niveis do xogo. É coñecido pola súa violencia gráfica e polo contido xerado polo usuario como base, con diferentes mapas compartidos con servidores públicos.
Véxase tamén
Ligazóns externas