Hannah e as súas irmás

Hannah e as súas irmás
Ficha técnica
Título orixinalHannah and Her Sisters
DirectorWoody Allen
ProdutorRobert Greenhut
GuiónWoody Allen
IntérpretesWoody Allen
Michael Caine
Mia Farrow
Carrie Fisher
Barbara Hershey
FotografíaCarlo Di Palma
MontaxeSusan E. Morse
EstudioA Jack Rollins and Charles H. Joffe Production
DistribuidoraOrion Pictures Corporation
Estrea7 de febreiro de 1986
Duración106 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento6,4 millóns de dólares
Recadación40,1 millóns de dólares
Na rede
IMDB: tt0091167 Filmaffinity: 948248 Allocine: 1810 Rottentomatoes: m/hannah_and_her_sisters Mojo: hannahandhersisters Allmovie: v21429 TCM: 77299 Metacritic: movie/hannah-and-her-sisters TV.com: movies/hannah-and-her-sisters Netlix: 60010420 Editar o valor en Wikidata

Hannah e as súas irmás (en inglés: Hannah and Her Sisters) é un filme estadounidense de 1986 escrito e dirixido por Woody Allen, e con el mesmo, Mia Farrow, Michael Caine, Barbara Hershey e Dianne Wiest como actores principais. A pesar de que as personaxes, pertencentes á mesma familia, están constantemente preguntándose sobre o sentido da vida, o sexo e a relixión, o filme ten un toque marcadamente cómico.

Foi emitido na TVG o 5 de setembro de 1998.[1]

Argumento

Elliott e Hannah forman aparentemente unha parella sen problemas, viven felices e son pais de dous nenos. Porén, Elliott está namorado en segredo da irmá de Hannah, Lee, que pola súa banda vive unha relación pesada con Frederick, un home máis vello ca ela, pintor e misántropo. A familia complétase coa terceira irmá, Holly, a ovella negra da familia, por mor da súa inconstancia amorosa e profesional. O exmarido de Hannah, Mickey, produtor de televisión hipocondríaco completa o cadro.[2]

Elenco

Premios

Ano Categoría Notas Resultado
Premios Óscar Mellor filme Nomeado
Mellor director Woody Allen Nomeado
Mellor actor secundario Michael Caine Gañador
Mellor actriz secundaria Dianne Wiest Gañador
Mellor guión orixinal Woody Allen Gañador
Mellor montaxe Susan Morse Nomeado
Mellor dirección artística Stuart Wurtzel e Carol Joffe Nomeado
Premios Globo de Ouro Mellor filme - comedia ou musical Gañador
Mellor director Woody Allen Nomeado
Mellor actor secundario Michael Caine Nomeado
Mellor actriz secundaria Dianne Wiest Nomeado
Mellor guión Woody Allen Nomeado
Premios BAFTA Mellor filme Nomeado
Mellor director Woody Allen Gañador
Mellor actriz Mia Farrow Nomeado
Mellor actor Woody Allen Nomeado
Mellor actor Michael Caine Nomeado
Mellor actriz secundaria Barbara Hershey Nomeado
Mellor guión orixinal Woody Allen Gañador
Mellor montaxe Nomeado
Premios César Mellor filme estranxeiro Nomeado
New York Film Critics Awards Mellor director Woody Allen Gañador
Los Angeles Film Critics Awards Mellor filme Gañador
Mellor guión Woody Allen Gañador
Mellor actriz secundaria Dianne Wiest Gañador
National Board of Review Mellor director Woody Allen Gañador
Mellor actriz secundaria Dianne Wiest Gañador

Notas

  1. La Voz de Galicia, 5 de setembro de 1998. Páx. 71
  2. Canby, Vincent (7-2-1986). "Film: From Woody Allen, 'Hannah and Her Sisters'". The New York Times (en inglés). Consultado o 8-1-2018.