HC Vítkovice Steel

HC Vítkovice Steel
Fundación1928
Cidade Ostrava,
Moravia-Silesia
Eslovaquia Eslovaquia
EstadioČEZ Arena
(10.157 espectadores)
LigaExtraliga Checa
AdestradorPeter Oremus
CoresAzul e branco
           
Na rede
http://www.hc-vitkovice.cz
Facebook: hcvitkovice Twitter: hcvitkovice Instagram: hcvitkovice Youtube: UCAwmCiQjaL1KQRxQ2851O6w Editar o valor en Wikidata

O HC Vítkovice Steel é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Ostrava, República Checa. O club foi fundado en 1928 e actualmente compite na Extraliga Checa, a máxima categoría do hóckey sobre xeo checo, competición da que foi finalista en catro ocasións (1997, 2002, 2010 e 2011). Xoga os seus partidos como local no ČEZ Arena (antes chamado Palác kultury a sportu Ostrava-Vítkovice), un pavillón con capacidade para 10.157 espectadores.

Historia

O club foi fundado en 1928 en Vítkovice, un barrio ao sur de Ostrava, froito da fusión entre SK Moravská Ostrava, Slavia e SK Slovan. Na tempada 1936-37 converteuse nun dos fundadores da liga checoslovaca, debutando na competición fronte ao Sparta Praha. En 1943 descendeu por primeira vez á segunda categoría, retornando á elite en 1949. Tras conseguir dous segundos postos, o Vítkovice gañou o campionato nacional na tempada 1951-52.

En 1960, o equipo descendeu novamente á segunda divisións, ascendendo e descendendo de novo catro anos despois. En 1973, o club regresou á máxima categoría, e na tempada 1980-81 conseguiu o seu segundo título de campión de Checoslovaquia. Un ano despois, o equipo de Ostrava conseguiu o subcampionato da Copa de Europa por detrás do CSKA Moscova. Mais debido á marcha dos seus principais xogadores, o equipo descendeu de novo en 1985, retornando novamente á elite en 1988 para descender novamente despois.[1]

O 1 de xaneiro de 1993, a causa da disolución da Checoslovaquia, o equipo abandonou o campionato checoslovaco para pasar a competir na Extraliga Checa. Dende 2003 o equipo é denominado HC Vítkovice Steel.[2].

Denominacións

Ao longo da súa historia, o club competiu baixo as seguintes denominacións:

  • 1928 - SSK Vítkovice (Sportovně společenský klub)
  • 1936 - ČSK Vítkovice (Český sportovní klub)
  • 1945 - SK Vítkovické železárny
  • 1948 - Sokol Vítkovické železárny
  • 1952 - Baník Vítkovice
  • 1957 - VŽKG Ostrava (Vítkovické železárny Klementa Gottwalda)
  • 1976 - TJ Vítkovice
  • 1993 - HC Vítkovice

Palmarés

Notas

  1. Grandes datas da historia do club en http://www.hc-vitkovice.cz/ Arquivado 08 de outubro de 2007 en Wayback Machine. (en checo)
  2. Historia do club en http://www.hc-vitkovice.cz Arquivado 24 de xullo de 2010 en Wayback Machine. (en checo)

Véxase tamén

Ligazóns externas