Nos anos académicos 2009/2010 e 2010/2011, respectivamente, cursou os másters en Lingüística Galega e Edición da Universidade de Santiago de Compostela e reorientou a súa actividade cara ao ámbito editorial.[1]
É profesor de secundaria na materia de Lingua e Literatura Galega.[2]
Obra
Narrativa
O Palabrego (2012). Xonix Records. ISBN 978-84-940226-1-6. Unha recompilación de termos, conceptos e expresións a medio camiño entre a realidade e a invención.
Cordura transitoria (2022). Boiro: Thíasos (EDLG do IES Espiñeira). Col. Inesgotábeis. Edición non venal.
Traballos académicos, dicionarios e libros de texto
«A manipulación das expresións fixas na prensa gratuíta: De Luns a Venres» (2010). En Cadernos de fraseoloxía galega, 12. Centro de Investigacións Ramón Piñeiro / Xunta de Galicia. ISSN1698-7861, pp. 41–68. Traballo dirixido por María Álvarez de la Granja.
«Ondas e mareas: palabras que van e veñen» (2011). En Cadernos de Lingua, 32. Real Academia Galega. ISSN1130-5294, pp. 81–136. Traballo dirixido por Francisco Fernández Rei.
Dicionario Xerais de Secundaria e Bacharelato (2014). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9914-734-5. Volume coordinado por Xosé Cid Cabido.
Os xogos de palabras na prensa gratuíta en galego: De Luns a Venres (2015). Instituto da Lingua Galega - Universidade de Santiago de Compostela. Colección «Limiar», nº 2. ISBN 978-84-16-18389-0. Colección dirixida por Ernesto González Seoane.
«Os primeiros artigos xornalísticos de Carlos Casares (La Región, 1968-1974)» (2017). En Cadernos Ramón Piñeiro XXXVII. Carlos Casares: homenaxe. De amicitia. ISBN 978-84-453-5258-8, pp. 63-80. Volume coordinado por Luís Cochón, Luís Alonso Girgado e Laura Piñeiro Pais.
Premio Xerais 2015 por (Edicións Xerais de Galicia) De remate.[8]
Finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2015 (Edicións Xerais de Galicia) por Quen dá a quenda?
Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2015 (Deputación da Coruña) por Vidas cruzadas (publicada finalmente baixo o título A caixiña dos rancores).
Premio Ánxel Fole de Narrativa Curta 2016 (Concello de Lugo) por Once portas.
Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2016 (Baía Edicións) por Denébola a Roxa.
Finalista do Premio Agustín Fernández Paz 2017 (Instituto de Estudos Chairegos / Concello de Vilalba) por Kusuma.