Héctor Bellerín Moruno, nado en Barcelona o 19 de marzo de 1995, é un futbolista catalán que xoga como lateral dereito. Dende a tempada 2022-2023 xoga no FC Barcelona. Previamente integrara os equipos británicos do Arsenal da Premier League e do Watford F.C. en Inglaterra, e do Real Betis Balompié.
É internacional absoluto coa selección española dende 2016, coa que foi convocado para a Eurocopa 2016. Previamente, pasou polas categorías inferiores da selección nacional, proclamándose subcampión de Europa sub-21 en 2017.
Traxectoria
Nado en Barcelona, Bellerín comezou a súa carreira futbolística no colexio Jesús María de Badalona.[1] En 2003 pasou ao prebenxamín do Barcelona, pasando por todas as categorías do fútbol formativo do Barça até Cadete. No verán de 2011, con 16 anos, trasladouse ás categorías inferiores do Arsenal. Asinou o seu primeiro contrato profesional co club en xullo de 2013, facendo o seu debut en competición o 25 de setembro de 2013 ante o West Bromwich, ingresando como substituto de Mikel Arteta no 95'. O 22 de novembro de 2013, anunciouse a súa cesión ao Watford, retornando ao Arsenal o 18 de febreiro de 2014, onde milita desde entón.[2][3]
Polas lesións de Mathieu Debuchy, Calum Chambers e Nacho Monreal, Bellerín debutou na liga de Campións o 16 de setembro de 2014 na derrota de visita por 2-0 ante o Borussia Dortmund.[4]
O seu primeiro gol co Arsenal foi o 1 de febreiro de 2015, na vitoria por 5-0 ante o Aston Vila.[5] En 2016 asinou unha renovación de contrato co club ata 2022.[6] En 2019, sufriu unha lesión ao romper o ligamento cruzado nun encontro da Premier contra o Chelsea.[7]
Durante a temporada 2021-2022 foi cedido polo equipo londiniense ao Real Betis, club co que gañou a Copa do Rei.[8] En setembro de 2022 o F.C. Barcelona anunciou a contratación de Ballerín ata o 30 de xuño de 2023 cunha cláusula de rescisión de 50 millóns de euros.[9]
Selección nacional
Foi internacional nas categorías da selección española dende sub-16 até sub-21. En 2016 foi chamado por primeira vez coa selección absoluta como xogador de apoio aos seleccionados para a Eurocopa 2016. Debutou, así, ante Bosnia nun amigable que finalizou 3-1 para España.[10] Finalmente, Vicente del Bosque decidiu integralo na convocatoria definitiva debido á lesión de Carvajal.[11]
Participacións en Europa
Copa
|
Sede
|
Resultado
|
Campionato de Europa Sub-19 da UEFA 2013
|
Lituania
|
Semifinalista
|
Campionato Europeo da UEFA Sub-19 2015
|
Grecia
|
Campión
|
Eurocopa Sub-21 de 2017
|
Polonia
|
Final
|
Eurocopa 2016
|
Francia
|
Oitavos de Final
|
Partidos Internacionais
Actualizado até o 7 de xuño de 2016.[12]
Clubs
Estatísticas
| Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Clubs
Actualizado ao 19 de xaneiro de 2019[13].
Club
|
Div.
|
Tempada
|
Liga
|
FA Cup
|
League Cup
|
Europa
|
Outras
|
Total
|
Part.
|
Goles
|
Part.
|
Goles
|
Part.
|
Goles
|
Part.
|
Goles
|
Part.
|
Goles
|
Part.
|
Goles
|
Arsenal Inglaterra
|
1.ª
|
2013-14
|
0
|
0
|
0
|
0
|
1
|
0
|
0
|
0
|
0
|
0
|
1
|
0
|
2014-15
|
20
|
2
|
3
|
0
|
1
|
0
|
4
|
0
|
0
|
0
|
28
|
2
|
2015-16
|
36
|
1
|
1
|
0
|
0
|
0
|
6
|
0
|
1
|
0
|
44
|
1
|
2016-17
|
33
|
1
|
4
|
0
|
0
|
0
|
5
|
0
|
0
|
0
|
42
|
1
|
2017-18
|
35
|
2
|
0
|
0
|
3
|
0
|
8
|
1
|
1
|
0
|
47
|
3
|
2018-19
|
19
|
0
|
0
|
0
|
0
|
0
|
0
|
0
|
0
|
0
|
19
|
0
|
Total club
|
143
|
6
|
8
|
0
|
5
|
0
|
23
|
1
|
2
|
0
|
181
|
7
|
Walford (cedido) Inglaterra
|
2.ª
|
2013-14
|
8
|
0
|
0
|
0
|
0
|
0
|
-
|
-
|
0
|
0
|
8
|
0
|
Total club
|
8
|
0
|
0
|
0
|
0
|
0
|
-
|
-
|
0
|
0
|
8
|
0
|
Total carreira
|
151
|
6
|
8
|
0
|
5
|
0
|
23
|
1
|
2
|
0
|
189
|
7
|
|
Internacional
Actualizado ao 3 de novembro de 2018[12].
Palmarés
Vida persoal
Bellerín fíxose vegano en 2017, dieta que atribúe a unha mellora na súa saúde.[14]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas