Mathieu Debuchy, nado o 28 de xullo de 1985 en Fretin, é un futbolista francés. Xoga de lateral dereito e o seu club actual é o AS Saint-Étienne.
Traxectoria
Club
Debuchy comezou a súa carreira no club da súa cidade natal, o Union Sportive Frétin, antes de fichar polo Lille OSC ós oito anos. Tras pasar dez anos na canteira do Lille, foi ascendido ó primeiro equipo antes do parón de inverno da tempada 2003-04. Fixo o seu debut coma profesional e coma titular no primeiro equipo o 30 de xaneiro de 2004 nun partido de liga contra o FC Metz.[1]
O 4 de xaneiro de 2013, Debuchy fichou polo Newcastle United FC inglés, a cambio de 5.5 millóns de libras. Asinou un contrato de 5 anos e medio, ata o verán de 2018.[2] Fixo o seu debut co Newcastle o 12 de xaneiro de 2013 contra o Norwich City.[3]
Selección
O 5 de agosto de 2010, Debuchy foi chamado por primeira vez coa selección francesa para disputar un amigable contra a selección noruega o 11 de agosto de 2010. Anotou o seu primeiro gol coa selección o 27 de maio de 2012 contra Islandia.
Foi incluído tamén no equipo da selección francesa para a disputa da Eurocopa de Polonia/Ucraína de 2012.
Palmarés
Club
- Lille
- 2010-11
- 2010-11
- Arsenal
- 2014–15
- 2014, 2015
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas