Comezou xogando en equipos menores de Suecia antes de fichar polo IFK Norrköping, co que gañou catro campionatos suecos e chegou a anotar sete goles nun so encontro.
O 22 de xaneiro de 1949 foi fichado polo AC Milan, onde tamén coincidiu durante un tempo cos seus compañeiros da selección Gunnar Gren e Nils Liedholm. Nas oito tempadas que militou no equipo italiano proclamouse cinco veces Capocannoniere (máximo anotador da Serie A). Foi capitán do equipo entre 1954 e 1956.
Unha vez que deixou o Milan fichou polo AS Roma, equipo no que se retirou en 1958, xogando a última tempada coma xogador-adestrador.
Coma xogador Nordahl mantén varios récords tanto a nivel do AC Milan, máximo anotador da historia do club, coma a nivel da Serie A, terceiro máximo goleador da historia da categoría so superado por Silvio Piola e Francesco Totti e por tanto máximo goleador non italiano, tamén mantén o récord da máis goles por tempada, con 35 tantos na tempada 1949/50
Coa selección de fútbol
Debutou coa Selección de fútbol de Suecia en 1945, e tres anos despois proclamouse con ela campión olímpico nos Xogos de 1948, proclamandose tamén máximo anotador do campionato. En 1949 tivo que deixar a selección ao fichar polo AC Milan e ao impedir as normas dese momento que xogaran nela os futbolistas profesionais.