En 1922 obtivo a cátedra de Anatomía Descritiva da Universidade de Sevilla e en 1928 da de Zaragoza onde foi decano da Facultade de Medicina. Creou unha institución de protección á infancia, sendo coñecido como o "médico dos nenos pobres".
Participou nos faladoiros do Café Tortoni e estivo presente nos actos organizados polas colectividades galegas; nalgún como representante do Goberno republicano no exilio. Foi membro do Consello Directivo do Lar Gallego de Mendoza dende 1958. Pronunciou conferencias, publicou traballos científicos e sociolóxicos e organizou cursos. Mesmo patentou inventos como o modelo dosificador do biberón.[2]
Membro da masonaría, formou parte da loxa “Antolín Faraldo”, de exiliados galegos en Bos Aires, que ademais de promover iniciativas editoriais e culturais, fundou en 1942 o Fogar Galego para Anciáns de Domseelar.[2]
Recoñecementos
O Concello de Santiago colocou na casa onde naceu, na Avenida de Raxoi, unha placa como homenaxe, en 1998.