Graça Maria da Fonseca Caetano Gonçalves, nada en Lisboa o 13 de agosto de 1971, é unha socióloga e política portuguesa, deputada electa á Asemblea da República na XIII Lexislatura e Ministra da Cultura no XXI Goberno Constitucional.[1][2]
Traxectoria
Graça Fonseca licenciouse en Dereito pola Facultade de Dereito da Universidade de Lisboa, concluíndo o máster en Socioloxía pola Facultade de Economía da Universidade de Coímbra, e o doutoramento en Socioloxía polo Instituto Universitario de Lisboa.[2]
A nivel profesional foi investigadora do Centro de Estudos Sociais da Facultade de Economía da Universidade de Coímbra entre 1996 e 2000; directora adxunta do Despacho de Política Lexislativa e Planificación do Ministerio da Xustiza de 2000 a 2002. Posteriormente, desempeñou funcións de Xefe de Despacho do Ministro de Estado e da Administración Interna e do Secretario de Estado da Xustiza no XVII Goberno Constitucional.[2]
Militante do Partido Socialista, entre 2009 e 2015 foi concelleira no Concello de Lisboa, sendo Presidente António Costa.[2]
Vida persoal
O 22 de agosto de 2017 Fonseca afirmou pública e politicamente a súa homosexualidade, en entrevista ao Diário de Noticias.[3] Foi a primeira vez en Portugal que un político en funcións asumiu a súa homosexualidade.[4] Por iso, recibiu o Premio Arco-iris de 2017 da ILGA Portugal.
Notas