Graham Priest

Modelo:BiografíaGraham Priest

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1948 Editar o valor en Wikidata (75/76 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
EducaciónLondon School of Economics
Universidade de Cambridge
St John's College (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseJohn Lane Bell (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilósofo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Melbourne (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
DoutorandoGreg Restall (en) Traducir, Zach Weber (en) Traducir e Thomas Macaulay Ferguson (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5618980

Graham Priest, nado en Londres en 1948, é un filósofo e lóxico contemporáneo. Foi profesor no CUNY e nas universidades de Melbourne e St Andrews.

Traxectoria

Graham Priest naceu en Londres en 1948. Estudou no St John's College de Cambridge e na London School of Economics. O seu director de tese foi John Lane Bell. Tamén é doutor pola Universidade de Melbourne.[1] Foi elixido membro correspondente da Academia Australiana de Humanidades en 1995.[2]

Priest viviu longo tempo en Australia e en Nova York. É autor de moitos libros e artigos de investigación en revistas de alto impacto. Foi asiduo colaborador do pensador neozelandés Richard Sylvan, co que compartía moitas das súas ideas.

Para alén do seu traballo intelectual, Priest practica o karate e mais o tai chi.

Pensamento

Priest é coñecido pola súa defensa do dialeteísmo (a postura filosófica segundo a cal existen proposicións que son verdadeiras e falsas a un tempo), as súas análises sobre paradoxos lóxicos (en especial, pola súa tese de que existe un xeito uniforme de resolver moitos dos paradoxos máis coñecidos, como os semánticos, os da teoría de conxuntos e mais as variantes do mentireiro), e os seus escritos sobre a paraconsistencia e as lóxicas non-clásicas. Nos seus estudos, toma elementos da historia da filosofía, incluíndo a filosofía oriental.

Publicacións

  • In Contradiction: A Study of the Transconsistent (1987)
  • Beyond the Limits of Thougt (1995)
  • Logic: A Very Short Introduction (2000)
  • Introduction to Non-Classical Logics: From If to Is (2001)
  • Doubt Truth to Be a Liar (2006)
  • Towards Non-Being: The Semantics and Metaphysics of Intentionality (2007)
  • Logic: A Brief Insight (2010)
  • One: Being an Investigation into the Unity of Reality and of its Parts, including the Singular Object which is Nothingness (2014)
  • The Fifth Corner of Four: An Essay on Buddhist Metaphysics and the Catuskoti (2017)
  • Capitalism: Its Nature and Its Replacement (2021)

Notas

  1. "Graham Priest". web.archive.org. 2015-07-10. Consultado o 2024-12-22. 
  2. "Fellow Profile: Graham Priest". Australian Academy of the Humanities (en inglés). Consultado o 2024-12-22.